Que é?
Durante un período estimado de dúas semanas (as dúas semanas da volta ás aulas despois das vacacións) a Consellería de Sanidade a través dos centros educativos proporcionará de xeito gratuíto tests de antíxenos en saliva que os alumnos/as realizarán no seu domicilio.
Esta estratexia poderá ampliarse en función da evolución da pandemia.
Para quen é?
Poderá solicitar o test de antíxenos o alumnado da etapa de Educación Primaria tras a detección dun caso esporádico de COVID-19 dentro da súa rede de contactos mais próximos dentro da aula ou comedor e que cumpra os seguintes requisitos:
- Non atoparse en situación de illamento por ser caso confirmado de COVID-19
- Non atoparse en situación de corentena
- Non ter padecido COVID-19 nos 3 meses previos
Como se utilizan os tests?
Paso 1 - Preparación para a recollida da mostra de saliva
- Antes de comezar, asegurarse de que o/a neno/a cumpra as seguintes condicións: non comer, beber, cepillar os dentes nin mascar chicle polo menos 30 minutos antes da recolección de saliva.
- Non deixar caer o hisopo nin depositalo sobre ningunha superficie. Isto contaminaría o hisopo e podería causar un mal resultado da proba.
- O/a neno/a deberá respirar profundamente e logo tusir de 3 a 5 veces nun pano desbotable ou no oco do brazo se non dispón de pano.
Paso 2 – Recollida da mostra de saliva
- A recollida dunha mostra de saliva pode tomar de 2 a 5 minutos.
- Antes de cuspir, pechar a boca, relaxarse e fregar intensamente as fazulas durante 40 segundos para xerar saliva.
- Colocar a parte superior do embude preto da parte inferior dos beizos e comezar a depositar a mostra de saliva cuspindo no tubo.
- Recoller 0,5 ml da súa saliva no tubo. Trate de evitar as burbullas.
Paso 3 – Pre-tratamento da mostra
- Sobre a saliva do/a neno/a, agregar o líquido tampón no tubo de recolección de saliva (2/3 do vial do tampón). Empregue o contagotas se é necesario.
- Tapar o tubo de recollida de saliva de forma segura.
- Despois de tapar o tubo de recolección de saliva, darlle a volta tres veces para mesturar a mostra co líquido do tubo.
- Esperar 3 minutos.
Paso 4 – Carga da mostra no casete de proba
- Rachar a bolsa de papel de aluminio para abrir, sacar o casete de proba e colocalo en horizontal nunha superficie plana.
- Retirar a tapa superior do tubo de recolección de saliva. Premer suavemente para poñer 3-4 pingas da mestura da mostra na rexión de mostra (S) do casete de proba.
Paso 5 – Lectura dos resultados
- Esperar 10-15 minutos, ler o resultado despois de 15 minutos. Non ler os resultados despois de 30 minutos.
Como se interpreta o resultado do test?
A intensidade de cor das liñas pode variar. Calquera ton de cor na rexión da liña de proba debe considerarse como resultado positivo.
Mais información clicando neste enlace