Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024-2025

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN: ATA O 21 DE XUÑO (INCLUSIVE)

BENEFICIARIOS

  • O alumnado que vai cursar 1º e 2º de Ed. Primaria o vindeiro curso pode solicitar a axuda para a adquisición de libros e material escolar.
  • O alumnado que vai cursar 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria o vindeiro curso pode solicitar Fondo Solidario de Libros de Texto e axuda para mercar material escolar

       O alumnado que vai cursar 1º da ESO o vindeiro curso debe entregar a solicitude no IES A Paralaia. Os prazos son os mesmos que para primaria.

       O alumnado matriculado no 1º, 2º, 5º e 6º curso de Ed. Primaria está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto pero terá dereito á axuda para a adquisición de material escolar (No caso de 5º e 6º por atoparse incluido no proxecto de educación dixital E-DIXGAL)

       Para ter dereito ó fondo de libros, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º terá que ter entregados os libros en bo estado antes do 21 de xuño

 

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

As solicitudes pódense facer :

       Para tramitalo a través da aplicación “fondolibros” ou “Sede Electrónica” é necesaria a Chave 365 ou certificado dixital

 

DOCUMENTACIÓN

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

Excepcionalmente, cando a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde ou non sexa posible acreditar a súa composición polos medios anteriores, poderase xustificar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

1º. Certificado ou volante de convivencia.

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.

e) Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

       En caso de non autorizar a comprobación de datos, deberase achegar aquela documentación da que non se autorice a consulta (certificado de grao de discapacidade, resolución xudicial de incapacitación, declaración da renda…)

       A solicitude será única para todos os fillos admitidos no mesmo centro docente

 

 

 

CONTÍAS DAS AXUDAS

  • Axudas para adquirir libros de texto:
    • Renda per cápita igual o inferior a 6.000 €   240 €
    • Renda per cápita entre 6.000 e 10.000 €      160 €
  • Axudas para material escolar
    • Renda per cápita igual o inferior a 6.000€    75 €
    • Renda per cápita entre 6.000 e 10.000 €      60 €
  • Fondo solidario de libros:
    • Renda per cápita igual o inferior a 6.000 €   6 libros de texto
    • Renda per cápita entre 6.000 e 10.000 €      4 libros de texto

           Se sobran libros, a aplicación repárteos por orde de renda ata que se esgotan

        O alumnado matriculado no 5º e 6º curso de Ed. Primaria está excluido da participación no fondo solidario de libros de texto por atoparse incluido no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) pero terá dereiro á axuda para a adquisición de material escolar

 

OUTRAS DATAS DE INTERESE:

Publicación de listaxes provisionais: 3 de xullo

Período de reclamación ás listaxes provisionais: 2 días a partires da data de publicación

Publicación de listaxes definitivas: 6 de xullo

Entrega de vales de material: Días 10 e 11 de xullo.

Entrega de libros ó alumnado: Ó comezo do curso, en setembro

 

NORMATIVA REGULADORA

ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H)

MENÚ DE MAIO

A continuación tedes dispoñible o menú do mes de maio. Podedes consultar tamén o menú sen marisco, o menú sen froitos secos e o menú sen leguminosas. Clicade no menú para descargar.

 

 
 
 
 

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2024-2025

Tódalas solicitudes de admisión presentadas no centro para o curso 2024-2025 teñen praza asignada.
O prazo de formalización de matrícula será entre o 20 e o 30 de xuño.
Lembramos que o alumnado que cursa estudos actualmente no centro xa ten asignada praza, polo que non teñen que presentar solicitude admisión nin matrícula.

 

(* Contra a resolución provisional poderase formular reclamación no prazo de 5 hábiles contados a partir do día seguinte a esta publicación)

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/25

 

 

PARA QUÉN É?

Para todo aquel alumnado que queira cursar estudos no noso centro no vindeiro ano académico.

O alumnado que xa está a cursar estudos no noso centro NON ten que presentalo. 

(*A admisión e a matriculación nun centro docente público ou privado concertado implicarán respectar o proxecto educativo e o carácter propio do centro.)

 

COMO SE FAI?

O alumnado interesado deberá entregar a documentación preferiblemente por vía electrónica:

  • A través da Sede Electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal) indicando o procedemento ED550B.
  • Mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática “Admisión alumnado” (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) entregando posteriormente na secretaría do centro a solicitude impresa e o código xenerado pola aplicación

Tamén se pode tramitar na secretaría do centro presentando a seguinte documentación:

  • Impreso ED550B cuberto (que se poderá recoller na mesma secretaría do centro)
  • Copia do DNI da persoa solicitante (nai, pai ou titor/a legal)
  • Copia do documento acreditativo da idade do alumno/a (DNI ou libro de familia)
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o alumno/a e os demais membros da unidade familiar
  • Certificado de convivencia dos membros computables da unidade familiar
    • De ser o caso
      • Certificado do anterior centro onde cursou estudos
      • Convenio regulador en caso de separación ou divorcio

 

A solicitude de admisión deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras e deberá constar o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora no anexo de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento.

 

(* As familias que poderán consultar na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado):

a) O cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula.

b) A previsión de postos escolares dispoñibles e as súas modificacións.

c) A relación do alumnado de cada curso, co número da solicitude de admisión asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación.

d) O estado de tramitación da súa solicitude utilizando o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

e) A listaxe do alumnado con posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365)

 

ATA CANDO SE PODE SOLICITAR?

O prazo de presentación de solicitudes vai dende o 1 ó 20 de marzo

 

OFERTA DE PRAZAS

 

EDUCACIÓN INFANTIL

CURSO

4º Ed. Inf.

5º Ed. Inf.

6ºEd. Inf.

Nº PRAZAS

 

 20

 

9

4

 

EDUCACIÓN PRIMARIA

CURSO

1º EP

2º EP

3º EP

4º EP

5º EP

6º EP

Nº PRAZAS

 

0

 

0

0

0

0

1

 

  • Todo o alumnado poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata 6 centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ó centro solicitado en primeiro lugar. Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.
  • O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.
  • En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8

 

NORMATIVA REGULADORA:

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C)

Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C)

PLAZO DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS ALEGADOS PARA O BAREMO, DE SER O CASO:

10 días hábiles contados a partires do día seguinte ó remate do prazo de presentación de solicitudes de admisión

 

DATA PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS E NON ADMITIDOS:

25 abril

Contra a listaxe provisional, poderanse formular reclamacións no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte á súa publicación. Estas reclamación entenderanse estimadas ou desestimadas coa publicación da listaxe definitiva.

 

DATA PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS:

15 maio

Contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo de un mes contado a partires do día seguinte á súa publicación

 

PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA:

20 ó 30 de xuño

 

ADSCRICIÓNS DO CENTRO

 

EEI O Con

 

 

CEIP Quintela - Moaña

 

IES A Paralaia

 

 

ÁREA DE INFLUENCIA DO CEIP QUINTELA

  • Porta do Cego
  • Os Ladrados
  • A Lameira ata PO 551
  • A Miranda
  • A Gándara
  • A Xeira
  • Avda de Marín ( Estrada PO 313) ata a Porta do Cego.
  • Rúa Ramón Cabanillas beirarrúa norte dende o Portal do Almacén ata o nº 53 ( interxección coa Miranda)
  • A Rúa Ramón Cabanillas, beirarrúa sur dende o Portal do Almacén ata o nº 179 ( interxección coa rúa Fragata de Callao)
  • A estrada comarcal PO 551 beirarrúa norte dende a rotonda ata interxección con Camiño Vello.
  • Toda a zona do Real delimitada por Avda Daniel Castelao, Rúa Méndez Núñez e Avda José Costa Alonso. As rúas son as seguintes: Avda José Costa Alonso, Miguel Enríquez, Almansa, Fragata Blanca, Fragata Lealtad, Villa de Madrid e Rúa Berenguela

 

 

DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación deste procedemento cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades» co obxecto de xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre a súa tramitación. O órgano responsable deste ficheiro é a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da dita consellería, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela ou a través dun correo electrónico a sxt.cultura.educacion@xunta.gal

 

Admisión 2024-2025

Todas as solicitudes de reserva presentadas neste centro para o centro adscrito IES A Paralaia, foron admitidas. 

Así mesmo, todo o alumnado do noso centro adscrito EEI do Con que fixo a solicitude para 1ºEP neste centro, ten praza asignada.

 

As listaxes estarán expostas na Secretaría no interior do centro. Tamén se poden consultar na aplicación admisionalumnado accedendo coa Chave 365.

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Moaña, cidade amiga da Infancia

O pasado mércores fomos invitados ao Concello de Moaña onde nos entregaron unha copia do diploma que recibiu a nosa vila por contar co selo Cidade Amiga da Infancia de Unicef.  Tamén agradecéronnos a tódolos centros educativos as nosas aportacións nos plenos de participación infantil.

RESERVA DE PRAZA NO IES A PARALAIA

        Dende o día 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024, iníciase o proceso de reserva de praza n do alumnado de 6º de Educación Primaria para o curso 2023/24 no centro adscrito IES Paralaia.

A listaxe de admitidos publicarase o 22 de febreiro.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

 

 

    Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informáticamente na aplicación admisionalumnado

  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica: 
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. 

  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.

 

Lexislación aplicable:

Decreto 13/2022, de 3 de febrero, por el que se regula la admisión de alumnado en centros docentes sostenidos con fondos públicos que imparten las enseñanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación.

Orden de 21 de octubre de 2022 por la que se desarrolla el Decreto 13/2022, de 3 de febrero, y se regula el procedimiento de admisión del alumnado en los centros docentes sostenidos con fondos públicos que imparten enseñanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación (códigos de procedimiento ED550A, ED550B y ED550C).

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut