Skip to Content

Admisión e matrícula

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2024-2025

Tódalas solicitudes de admisión presentadas no centro para o curso 2024-2025 teñen praza asignada.
O prazo de formalización de matrícula será entre o 20 e o 30 de xuño.
Lembramos que o alumnado que cursa estudos actualmente no centro xa ten asignada praza, polo que non teñen que presentar solicitude admisión nin matrícula.

 

(* Contra a resolución provisional poderase formular reclamación no prazo de 5 hábiles contados a partir do día seguinte a esta publicación)

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/25

 

 

PARA QUÉN É?

Para todo aquel alumnado que queira cursar estudos no noso centro no vindeiro ano académico.

O alumnado que xa está a cursar estudos no noso centro NON ten que presentalo. 

(*A admisión e a matriculación nun centro docente público ou privado concertado implicarán respectar o proxecto educativo e o carácter propio do centro.)

 

COMO SE FAI?

O alumnado interesado deberá entregar a documentación preferiblemente por vía electrónica:

  • A través da Sede Electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal) indicando o procedemento ED550B.
  • Mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática “Admisión alumnado” (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) entregando posteriormente na secretaría do centro a solicitude impresa e o código xenerado pola aplicación

Tamén se pode tramitar na secretaría do centro presentando a seguinte documentación:

  • Impreso ED550B cuberto (que se poderá recoller na mesma secretaría do centro)
  • Copia do DNI da persoa solicitante (nai, pai ou titor/a legal)
  • Copia do documento acreditativo da idade do alumno/a (DNI ou libro de familia)
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o alumno/a e os demais membros da unidade familiar
  • Certificado de convivencia dos membros computables da unidade familiar
    • De ser o caso
      • Certificado do anterior centro onde cursou estudos
      • Convenio regulador en caso de separación ou divorcio

 

A solicitude de admisión deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras e deberá constar o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora no anexo de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento.

 

(* As familias que poderán consultar na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado):

a) O cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula.

b) A previsión de postos escolares dispoñibles e as súas modificacións.

c) A relación do alumnado de cada curso, co número da solicitude de admisión asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación.

d) O estado de tramitación da súa solicitude utilizando o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

e) A listaxe do alumnado con posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365)

 

ATA CANDO SE PODE SOLICITAR?

O prazo de presentación de solicitudes vai dende o 1 ó 20 de marzo

 

OFERTA DE PRAZAS

 

EDUCACIÓN INFANTIL

CURSO

4º Ed. Inf.

5º Ed. Inf.

6ºEd. Inf.

Nº PRAZAS

 

 20

 

9

4

 

EDUCACIÓN PRIMARIA

CURSO

1º EP

2º EP

3º EP

4º EP

5º EP

6º EP

Nº PRAZAS

 

0

 

0

0

0

0

1

 

  • Todo o alumnado poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata 6 centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ó centro solicitado en primeiro lugar. Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.
  • O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.
  • En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8

 

NORMATIVA REGULADORA:

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C)

Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C)

PLAZO DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS ALEGADOS PARA O BAREMO, DE SER O CASO:

10 días hábiles contados a partires do día seguinte ó remate do prazo de presentación de solicitudes de admisión

 

DATA PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS E NON ADMITIDOS:

25 abril

Contra a listaxe provisional, poderanse formular reclamacións no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte á súa publicación. Estas reclamación entenderanse estimadas ou desestimadas coa publicación da listaxe definitiva.

 

DATA PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS:

15 maio

Contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo de un mes contado a partires do día seguinte á súa publicación

 

PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA:

20 ó 30 de xuño

 

ADSCRICIÓNS DO CENTRO

 

EEI O Con

 

 

CEIP Quintela - Moaña

 

IES A Paralaia

 

 

ÁREA DE INFLUENCIA DO CEIP QUINTELA

  • Porta do Cego
  • Os Ladrados
  • A Lameira ata PO 551
  • A Miranda
  • A Gándara
  • A Xeira
  • Avda de Marín ( Estrada PO 313) ata a Porta do Cego.
  • Rúa Ramón Cabanillas beirarrúa norte dende o Portal do Almacén ata o nº 53 ( interxección coa Miranda)
  • A Rúa Ramón Cabanillas, beirarrúa sur dende o Portal do Almacén ata o nº 179 ( interxección coa rúa Fragata de Callao)
  • A estrada comarcal PO 551 beirarrúa norte dende a rotonda ata interxección con Camiño Vello.
  • Toda a zona do Real delimitada por Avda Daniel Castelao, Rúa Méndez Núñez e Avda José Costa Alonso. As rúas son as seguintes: Avda José Costa Alonso, Miguel Enríquez, Almansa, Fragata Blanca, Fragata Lealtad, Villa de Madrid e Rúa Berenguela

 

 

DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación deste procedemento cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades» co obxecto de xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre a súa tramitación. O órgano responsable deste ficheiro é a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da dita consellería, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela ou a través dun correo electrónico a sxt.cultura.educacion@xunta.gal

 

Admisión 2024-2025

Todas as solicitudes de reserva presentadas neste centro para o centro adscrito IES A Paralaia, foron admitidas. 

Así mesmo, todo o alumnado do noso centro adscrito EEI do Con que fixo a solicitude para 1ºEP neste centro, ten praza asignada.

 

As listaxes estarán expostas na Secretaría no interior do centro. Tamén se poden consultar na aplicación admisionalumnado accedendo coa Chave 365.

 

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2023/24

Todas as solicitudes de admisión presentadas no centro para o curso 2023-2024 teñen praza asignada.

O prazo de formalización de matrícula será entre o 20 e o 30 de xuño.

Lembramos que o alumnado que cursa estudos actualmente no centro xa ten asignada praza, polo que non teñen que presentar solicitude admisión nin matrícula.

 

* Contra a listaxe provisional poderase formular reclamación no prazo de un mes contado a partires do día seguinte a esta publicación.

Distribuir contido


by Dr. Radut