Skip to Content

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/25

 

 

PARA QUÉN É?

Para todo aquel alumnado que queira cursar estudos no noso centro no vindeiro ano académico.

O alumnado que xa está a cursar estudos no noso centro NON ten que presentalo. 

(*A admisión e a matriculación nun centro docente público ou privado concertado implicarán respectar o proxecto educativo e o carácter propio do centro.)

 

COMO SE FAI?

O alumnado interesado deberá entregar a documentación preferiblemente por vía electrónica:

  • A través da Sede Electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal) indicando o procedemento ED550B.
  • Mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática “Admisión alumnado” (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) entregando posteriormente na secretaría do centro a solicitude impresa e o código xenerado pola aplicación

Tamén se pode tramitar na secretaría do centro presentando a seguinte documentación:

  • Impreso ED550B cuberto (que se poderá recoller na mesma secretaría do centro)
  • Copia do DNI da persoa solicitante (nai, pai ou titor/a legal)
  • Copia do documento acreditativo da idade do alumno/a (DNI ou libro de familia)
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o alumno/a e os demais membros da unidade familiar
  • Certificado de convivencia dos membros computables da unidade familiar
    • De ser o caso
      • Certificado do anterior centro onde cursou estudos
      • Convenio regulador en caso de separación ou divorcio

 

A solicitude de admisión deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras e deberá constar o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora no anexo de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento.

 

(* As familias que poderán consultar na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado):

a) O cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula.

b) A previsión de postos escolares dispoñibles e as súas modificacións.

c) A relación do alumnado de cada curso, co número da solicitude de admisión asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación.

d) O estado de tramitación da súa solicitude utilizando o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

e) A listaxe do alumnado con posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365)

 

ATA CANDO SE PODE SOLICITAR?

O prazo de presentación de solicitudes vai dende o 1 ó 20 de marzo

 

OFERTA DE PRAZAS

 

EDUCACIÓN INFANTIL

CURSO

4º Ed. Inf.

5º Ed. Inf.

6ºEd. Inf.

Nº PRAZAS

 

 20

 

9

4

 

EDUCACIÓN PRIMARIA

CURSO

1º EP

2º EP

3º EP

4º EP

5º EP

6º EP

Nº PRAZAS

 

0

 

0

0

0

0

1

 

  • Todo o alumnado poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata 6 centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ó centro solicitado en primeiro lugar. Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.
  • O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.
  • En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8

 

NORMATIVA REGULADORA:

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C)

Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C)

PLAZO DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS ALEGADOS PARA O BAREMO, DE SER O CASO:

10 días hábiles contados a partires do día seguinte ó remate do prazo de presentación de solicitudes de admisión

 

DATA PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS E NON ADMITIDOS:

25 abril

Contra a listaxe provisional, poderanse formular reclamacións no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte á súa publicación. Estas reclamación entenderanse estimadas ou desestimadas coa publicación da listaxe definitiva.

 

DATA PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS:

15 maio

Contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo de un mes contado a partires do día seguinte á súa publicación

 

PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA:

20 ó 30 de xuño

 

ADSCRICIÓNS DO CENTRO

 

EEI O Con

 

 

CEIP Quintela - Moaña

 

IES A Paralaia

 

 

ÁREA DE INFLUENCIA DO CEIP QUINTELA

  • Porta do Cego
  • Os Ladrados
  • A Lameira ata PO 551
  • A Miranda
  • A Gándara
  • A Xeira
  • Avda de Marín ( Estrada PO 313) ata a Porta do Cego.
  • Rúa Ramón Cabanillas beirarrúa norte dende o Portal do Almacén ata o nº 53 ( interxección coa Miranda)
  • A Rúa Ramón Cabanillas, beirarrúa sur dende o Portal do Almacén ata o nº 179 ( interxección coa rúa Fragata de Callao)
  • A estrada comarcal PO 551 beirarrúa norte dende a rotonda ata interxección con Camiño Vello.
  • Toda a zona do Real delimitada por Avda Daniel Castelao, Rúa Méndez Núñez e Avda José Costa Alonso. As rúas son as seguintes: Avda José Costa Alonso, Miguel Enríquez, Almansa, Fragata Blanca, Fragata Lealtad, Villa de Madrid e Rúa Berenguela

 

 

DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación deste procedemento cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades» co obxecto de xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre a súa tramitación. O órgano responsable deste ficheiro é a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da dita consellería, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela ou a través dun correo electrónico a sxt.cultura.educacion@xunta.gal

 



story | by Dr. Radut