Skip to Content

Animación á lectura

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

Co motivo da celebración do día do libro, o alumnado de Educación Infantil xunto as súas familias elaboraron uns preciosos traballiños relacionados co conto que máis lles gusta.

Estes traballos foron expostos para as familias no exterior do centro e agora forman parte dunha exposición no pasillo de Educación Infantil para que poida ser visitada polo resto do alumnado do centro

Clica na imaxe para ver o album de fotos.

 

BIBLIOTECA ESCOLAR

CURSO 2020-2021


Este ano a biblioteca non funcionará como de costume debido as medidas Covid19.

Non por elo deixaremos de facer uso dela. Cada aula terá a súa propia biblioteca.

Ao longo do curso iremos facendo recomendacións de lectura así como actividades de centro. 

Estade moi atentos.

 

 

CURSO 2017 - 2018

     Ao longo do curso faremos moitas actividades que vos amosaremos neste espacio.

 

   0. OLA BIBLIOTECA!

     

     Como o ano pasado, ábrese a biblioteca a primeira semana de outubro para o servizo de préstamo na hora do recreo.

     O alumnado de 1º, comenza a facer uso deste servizo sen o seu profesor/a por primeira vez dentro do colexio.  Por iso, os seus compañeiros e compañeiras de 4º acompáñanlles e explícanlles o que terán que facer. Cada neno e nena de 1º escoita o conto que un neno ou nena escolleu para el. Despois axúdanlles a cubrir a ficha dun libro que levarán en préstamo.

 

 

 

 

CURSO 2016 - 2017

Benvidos á sección da Biblioteca do noso cole.

     Ao longo deste curso estamos a facer moitas actividades que vos iremos amosando pouco a pouco neste espacio.

   0. OLA BIBLIOTECA!

  Na primeira semana de outubro ábrese a biblioteca para o servizo de préstamo na hora do recreo.

 O alumnado de 1º acudirá por primeira vez. Por iso, os seus compañeiros e compañeiras de 3º acompañarannos. Cada neno e nena de 1º escoitará o conto que un neno ou nena escolleu para el. Despois axudarannos a cubrir a ficha dun libro que levarán en préstamo.

 

     1 PROXECTO “INTERCULTURALIDADE”

     Dende o equipo de Dinamización de Biblioteca, coordinado co Equipo de Actividades Extraescolares e o Equipo de Normalización Lingüística proponse como tema/proxecto a traballar ao longo do curso “A Interculturalidade”

    O alumnado  de EI e EP elabora un mural como mostra da información acadada.

      2. CELEBRACIÓN DO “DÍA DA BIBLIOTECA”

      Na semana do 24 de outubro, na hora de biblioteca, o alumnado pode realizar unha lectura compartida en pequeno grupo.

    Na exposición de libros móstrase unha escolma de libros relacionados coa temática do proxecto deste curso: o respecto, a diferenza, a convivencia, a integración social, a igualdade, a educación emocional…

 

        3. SAMAÍN

      Chega o Samaín e os nenos e nenas poden ler calquera dos libros propostos para estas datas.

 

         4. LECTURA DIVERTIDA: “OS TRES BANDIDOS”

     Pasado o Samaín, os nenos e nenas de terceiro presentan aos seus compañeiros e compañeiras un libro que eles estiveron a traballar: “Os tres bandidos”

     Un conto moi axeitado  para traballar diferentes valores e para falar cos nenos do que está ben e do que está mal. Tamén para romper estereotipos porque, ás veces, as persoas no son o que parecen.

 

       5.    OS SOÑOS NA GAIOLA

   Proposto polo Equipo de Normalización Lingüística, para cerrar o ano adicado a Manuel María represéntase na biblioteca unha obra de “Títeres Alakrán





     6. LECTURA DIVERTIDA: “EL BUEN LOBITO”

    O alumnado de sexto, encargado de “lectura divertida”, escolleu unha das nosas novidades “El buen lobito” para presentalo aos seus compañeiros e compañeiras.

     Unha boa elección que nos axuda a traballar a autoestima.

     Que é o que se espera dun lobo?

    Buen Lobito non quere cambiar. Para ser un lobo de verdade non é necesario ser malo.

 

 

 

                  7. LECTURA DIVERTIDA EN INGLÉS: "THE LEGEND OF SPOOKLEY, THE SQUARE PUMPKIN"

    O profe Abraham preséntanos esta vez, coa axuda do alumnado de quinto e sexto, o libro “The legend of Spookley, the square pumpkin”

 

 

    8. RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL:

     Dende a biblioteca recoméndanse as seguintes lecturas para disfrutar no Nadal.

     Educación Infantil:

  • "La ovejita que vino a cenar", Steve Smallman, editorial Beascoa.
  • "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis", Chema Heras, editorial Kalandraka.

     1º e 2º de Primaria:

  • "Los zombies atlético". Roberto Pavanello, editorial Montena.
  • "O domador de monstruos", Ana María Machado, editorial SM.

     3º e 4º de Primaria:

  • "Las desventuras de Juana Calamidad", Paco Climent, editorial Anaya.
  • "Os tres amigos", Helme Heine, editorial Xerais.

     5º e 6º de Primaria:

  • "La fiesta del arcoiris", Ana Alonso, editorial Anaya.
  • "O misterio do faro vello", Fina Casalderrey, editorial Xerais.

  ·        

          9.VISITA DE ESTEFANÍA PADULLÉS

   O alumnado recibe na biblioteca do colexio a visita de Estefanía Padullés despois de traballar tres dos seus libros: “o desexo do gato Klops”, “Max e Lea” e “A canción do Sol”

   A través deles, os nenos e nenas imaxinaron historias, fixeron teatro, falaron dos seus medos, pensaron desexos, valoraron as cousas que teñen e que nunca cambiarían, coñeceron animais…

     Teñen así a oportunidade de coñecer como se elaboran os contos que eles mesmos len. Tamén de ver como Estefanía debuxa os animais que aparecen nas súas ilustracións. Explicoulles que debuxa moi rápido polas moitas horas de practica que lle adica, e que é importante buscar información do que se quere debuxar.

    

      10. LECTURA DIVERTIDA: “O TRAXE NOVO DO EMPERADOR”

       Nesta lectura divertida, os nenos e nenas de 6º preséntannos unha versión rimada do conto de Hans Christian Andersen.

       Nel, como moitas veces ocorre, a verdade é vista a través dos ollos dun neno.

 

     11. LECTURA DIVERTIDA: “MI ABUELA ES TOTAL”

      As compañeiras de sexto amósannos a través deste conto o especial que son as avoas e todo o que nos ofrecen:agarimos, comidas, bicos, apertas, xogos…

      Non debemos esquecelo e valorar todo o que nos ofrecen.

 

 

         12. LECTURA DIVERTIDA: "EL CHUPETE"

         Nesta lectura as alumnas de 6ºcóntannos a historia dun neno que ve a un mosqueteiro. Pero hai algo estraño nel.

 

     13. VISITA DE AN ALFAYA

          O 31 de marzo recibimos na escola a visita de An Alfaya. A autora dos libros que estiveron a ler no 2º trimestre: “Down”, “A encontadora” e “O caderno azul”.

         Con ela achegáronse a súa vida e obra, e tiveron a oportunidade de coñecer como foron xurdindo as súas historias e personaxes.

         Ao final da charla contestou as preguntas que os nenos e nenas lle fixeron.

 

14. LECTURA DIVERTIDA: “¡TODO EL MUNDO VA!”

          Os compañeiros e compañeiras de 5º preséntannos o conto: “¡Todo el mundo va!”.

          Neste conto vemos como distintos personaxes van a un lugar moi especial.

          Ao final, o neno tamén vai!

 

         15. LECTURA DIVERTIDA: “A que sabe a Lúa?”

           Alumnas de 6º cóntannos este bonito conto coa axuda dos máis pequenos.

         Nel os animais da selva móstrannos que as cousas compartidas sempre saben moito mellor.

                                                                                                                                                                                                     

          16. LECTURA DIVERTIDA: “El monstruo de los dientes”

      O 14 de xuño as nenas de 6º despedíronse desta actividade cunha lectura moi especial. Elas mesmas son as autoras e ilustradoras deste orixinal conto que queda rexistrado na nosa biblioteca como un bonito agasallo.

 

               

               

             17. Recomendacións para o verán

   

                                     

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut