Skip to Content

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020-2021

A través da ORDE do 12 de maio de 2020, convócase:

  • Á participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.
  • Axudas para adquirir libros de texto en 1º e 2º de educación primaria.
  • Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria

 

 Ademais o alumnado que de 6º de Primaria que inicie 1º da ESO deberá de presentar a solicitude no IES ao que vaia matricularse.

 

PRAZOS: DO 20 DE MAIO DE 2020 AO 19 DE XUÑO DE 2020

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros

(https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros do­centes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identi­ficación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 Adxúntanse documento informativo, orde da convocatoria, ANEXO I e ANEXO II así como o manual para o cidadán.

AdxuntoTamaño
ORDE DO 12 DE MAIO.pdf1.2 MB
FNDLIB_MU_ManualCidadan.pdf3.28 MB
fondo solidario e axudas libros.pdf250.78 KB
ANEXO I.pdf1.6 MB
ANEXO II.pdf858.41 KB


blog | by Dr. Radut