blogue deadmin

A casa das historias, o blog da biblioteca

Como xa sabedes, este ano estreamos nova biblioteca escolar, A CASA DAS HISTORIAS. Un lugar onde ler, soñar, crear, imaxinar e sobre todo DISFRUTAR !!!

 

Podedes visitarnos no blog: 

https://acasadashistoriasmedeiros.blogspot.com

Visita da Cruz Roja

Onte pola mañá recibimos a visita da Cruz Roja.  Ensináronnos un montón de cousas moi necesarias en caso de emerxencia.  Aprendemos que o primeiro que debemos facer ante calquera emerxencia é chamar ao 1 1 2.  Tamen nos ensinaron a facer unha reanimación. Nós tiñamos os nosos bonecos e bonecas para practicar. Saliunos estupendo! Por último contáronnos os perigos de quedar sós na casa, e que facer en caso de incendio.

 

Pasámolo xenial!

Deixámosvos máis fotos aquí.

E recordade que podedes visitar o noso blog

 

 

 

Saida de outono

Aproveitando que a semana pasada aínda fixo bo tempo, quixemos saír e vivenciar directamente a chegada do Outono. 

Durante a mañá recollemos diferentes materiais como flores, froitos e follas para realizar diferentes actividades plásticas. 

De momento ensinámosvos un pequeno adianto...  

 

 

 

 Deixámosvos máis fotos aquí.

E recordade que podedes visitar o noso blog

 

Outono na auliña

Na auliña da profe Esther tampouco quixemos perder a oportunidade de traballar o Outono.  Estivemos traballando a motricidade fina cos tapóns con letras... ... repasando os nomes máis comúns nesta estación... ...montando o noso rinconciño de Outono...

GÚSTAVOS?

 

Deixámosvos máis fotos aquí

Recordade que podedes visitar o noso blog

 

O outono dos pequenos

Como xa vos dixemos, os pequenos do cole non ían ser menos, e levan traballando este outono tanto como os maiores... A profe María fíxonos actividades moi divertidas para aprender e diferenciar os colores e os froitos do Outono. Encántanos esta estación, e a vós?

Cal é a vosa estación favorita?

 

 

 

Deixámosvos todas as fotos aquí.

E recordade que podedes visitar o noso blog

 

Chegou o outono!

BOS DÍAS!

 

A semana pasada chegou o Outono, como xa saberedes... 

 

O que seguro que non sabedes, é que estivemos a traballar un montón para darlle a benvida. 

 

A clase dos maiores ca profe Rebe, estivemos organizando un mural cheo de follas... Deseñamos, pintamos, recortamos, pegamos... estamos feitos uns artistas!

Deixámosvos todas as fotos aquí

 

E recordede que podedes atoparnos no noso blog.

 

 

Esperamos que vos guste :) 

DIVERTÍMONOS CON CARRIANDOLA!

Esta mañá, veunos visitar "Mariña" para contarnos o inicio das súas abraiantes aventuras... 

Estivemos super atentos escoitándoa e recoñecendo lugares da nosa contorna. 

 

 

 

 

E o final da súa historia, compartiunos o segredo para facer unhas manualidades chulísimas. 

Encantounos a súa visita!

 

Moitas grazas!

 

Deixamos algunhas das fotos, pero si queredes velas todas....AQUÍ

E tamén no noso blog.

 

 

BENVIDAS E BENVIDOS!

Este curso 2021/2022 comeza con moitos cambios no noso cole, pero se hai algo que nunca cambia son as ganas que tiñamos de voltar en setembro. 

Presentámonos primeiro... para poder contarvos as nosas aventuras durante este ano. 

Esta é a clase de Primaria, coa nosa profe Rebe

 

Esta é a clase de Infantil e Primeiro, coa nosa profe María

 

INFANTIL

 

 

Estade atentos e atentas, que veñen novas moooi interesantes! 

 

PODENDES ENCONTRARNOS TAMEN NO BLOG DO COLE:

WWW.CEIPDEMEDEIROS.BLOGSPOT.COM

Horario

Distribuir contido