Benvida

Benvidas e Benvidos!

Esta é a web oficial do CEIP de Medeiros

O día de hoxe mete medo...

 O cole está preparado para recibir as súas nenas e nenos para disfrutar do Halloween ou Samaían... 

Acompañándesnos no día de hoxe? 

 

VISITA O NOSO BLOG!

Non sempre colgamos todas as nosas andanzas aquí... pero sempre podedes visitarnos no noso blog de centro. 

 

BLOG

 

 

 

Dende o CEIP de Medeiros deséxamosvos...

BO NADAL A TODOS E TODAS!!!

FESTIVAL DE NADAL


 Este ano, de novo, non estiveron con nós as nosas familias nun día tan importante como o é o Festival de Nadal, un dos nosos días favoritos do ano. 

Por que é especial este día? É un día de compartir vivencias entre toda a comunidade educativa. Mestras, familias e o alumnado únese formando un equipo super importante. 

Sen embargo, debida a situación sanitaria, volvemos ter que estar conectados telemáticamente con un dos puntos importantes do "noso triángulo". 

Agardamos que sexa o último ano que teñamos que amosarvos a nosa arte e traballo soamente dende esta plataforma. 

Disfrutade moito vendo o vídeo do noso festival do Nadal 2021. 

 

O COLE DE MEDEIROS É PARA TODAS E TODOS

 Este curso, dende a aula de Pedagoxía Terapéutica, propuxéronse sinalizar de forma diferente o noso centro. 

Para esta tarefa, os nenos e as nenas do cole estivemos grabando uns vídeos, as nosas voces e probando os códigos QR... para poder ensinarvos, ademáis dos nosos carteliños, como é o seu funcionamento. 

Tamen aprendemos a signar unha palabra MOIIII IMPORTANTE.... Cal creedes que é?

 

A NOSA PORTA VIOLETA (25N)

 O pasado xoves, quixemos concienciarnos e seguir aprendendo como podemos "abrir portas" para que a nosa sociedade crezca libre e que non teñan que existir máis portas no noso camiño. 

 

MAGOSTO 2021

 

 Hoxe no cole celebramos o noso querido Magosto

Aínda que non estivemos rodeados das nosas familias como outros anos, pasámolo xenial neste Magosto alternativo!

Xogamos a traves de catro estacións diferentes, nas que:

- Fixemos Land Art. 

- Traballamos coas nosas mans para facer unhas manualidades chulísimas. 

- Realizamos un mural enorme.

- Xogamos a diferentes xogos populares empregando as castañas como ferramenta. 

 

Deixámosvos un vídeo recopilatorio para que vexades que non vos contamos ningunha mentira... 

 

 

 

TRUCO OU TRATO?

 Despois de facer un montón de actividades diferentes polo día de Samaín e Halloween, as profes e a ANPA tíñannos preparada unha super sorpresa!!!! 

Fixemos o "TRUCO OU TRATO" por todo o pobo. 

 

Distribuir contido