Skip to Content

Mochilas viaxeiras

1ª CLASE DE COCIÑA

      Como sabedes, este curso, dentro das mochilas había unha proposta de "cociñar en familia" e compartir (voluntariamente) cos compañeiros e compañeiras de clase algunha das receitas elaboradas.

        Algúns dos nosos chefs, están empeñados en que aprendamos rapidamente esto de cociñar e nos explican, paso por paso e con imaxes como temos que facer.

          Mirade, mirade,.... (e probade se podedes)

sentímolo, flash non está dispoñible.

Xa empezaron a viaxar as nosa mochilas!!

      Un ano máis, contamos cunhas mochilas que son bastante "moviditas" e lles encanta visitar as casas dos nosos alumnos e alumnas. Decidiron xa poñerse en movemento e saíron nada menos que sete: dúas para Infantil e cinco para Primaria.

      Este cartel nos avisaba do comezo da actividade 

      Tamén podedes ver o contido que vai dentro de cada mochila se pinchades en cada un dos cursos. Disfrutádeas!!

INF 3 anos       INF 4-5 anos       1º                                4º           5º e 6º

Mochilas viaxeiras 2010-11

     Un curso máis, as nosas "mochilas viaxeiras" empezarána súa andaina polas casas das familias para ofrecerlles unha pequena selección dos nosos fondos coa intención de que poidan disfrutar do seu contido, compartilo e dar pé a conversas entre os membros da familia. Un motivo máis de comunicación entre pais, nais, irmáns e demais persoas que conviven con nós.

     Sairán dúas mochilas para infantil, unha para cada un dos cursos, e catro para Primaria (o 2º e o 3º ciclos compartirán unha cada un).

     A partida desde o cole será sempre un venres e terán que regresar o segundo mércores. Uns paneis na porta da bibliote4ca indícannos que é o agraciado ou agraciada.

Distribuir contido


by Dr. Radut