Skip to Content

VI Xornadas de bibliotecas escolares

        IMPRESIONANTE, ou máis ben IMPRESIONADOS quedaron todos os que asistiron ás VI xornadas de bibliotecas escolares que nos reuniron, un ano máis, en Santiago este fin de semana.

        Nunha presentación impecable, Silvia compartiu cos asistentes o proxecto que realizamos o curso pasado sobre o mar.

         É un orgullo que, desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares, conten con nós para facer visible o noso traballo. Sentir que é valorado é un empuxe importante para animarnos a seguir no camiño que xa hai anos nos trazamos e empezamos a percorrer.

       

     Xa antes de que comenzasen as Xornadas, alguén era visionario e parecía presaxiar o éxito.

 

      

 

     Despois da exposición, foron moitas as persoas que a felicitaron, e que entre elas, estean algunhas de renome e expertas en temas educativos, xa é todo un honor.

     Rosa Piquín, profesora da Facultade de Formación do Profesorado da Universidade de Oviedo e experta en Proxectos Documentais Interdisciplinares; Guadalupe Jover, profesora de Lingua Castelá e autora de diversos libros, artigos e materiais didácticos relativos á educación literaria;  Carlos Magro, Licenciado en Ciencias Físicas pola Universidade Complutense de Madrid, e en Xeografía e Historia pola Universidade Autónoma de Madrid e MBA pola Escola de Organización Industrial. Director Académico do Instituto Europeo di Design. Vicepresidente da Asociación Educación Abierta, (que ata o lanzaba en Twiter), ...

 

       Non menos de agradecer é o correo que Manuel Guerra, antigo inspector do Centro, mandou para felicitarnos. Tamén é un orgullo haber contado con el como inspector. Durante anos estivo apoiándonos sempre en todas as nosas iniciativas, intentando suavizarnos o camiño e dándonos todas aquelas facilidades que estaban da súa man. Sempre nos dou o alento que tantas veces podemos necesitar e demostrounos o seu recoñecemento como profesionais. Mesmo o demostra este feito, que despois de levar xa varios anos sen ser o noso inspector, aínda segue as nosas andainas.

      Esta é a presentación que levou Silvia do proxecto.

 

 E iste o vídeo da exposición.



page | by Dr. Radut