Skip to Content

UN NOTICIÓN!!!!

          Está mañá enterámonos de que nos fora concedido o premio nacional de Alfabetización Audiovisual polo noso Proxecto sobre O Cine. A verdade é que o colexio era hoxe un volcán en erupción. Non todos os días se reciben novas coma esta!!!

          Un premio convocado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte onde só un Centro por cada categoría: Primaria, Secundaria e Bacharelato sería o galardoado. Podedes imaxinar a ledicia e a satisfacción que podemos ter. Transmitimos o noso agradecemento a todas as persoas e Entidades que dun xeito ou outro colaboraron con nós neste traballo e cos que ademais queremos compartir o premio.

          MIRADE, MIRADE. SOMOS NÓS!!!

  

         

            Non só e un proxecto, senón un xeito de traballar no Centro, a concepción dunha metodoloxía activa, interdisciplinar e que implica a todo o profesorado a que nos leva a emprender estes retos. Son anos os que levamos traballando así e hoxe, quixéronnos recoñecer o noso esforzo. Moitas grazas!!!

          E, como non, todas as persoas que estamos involucradas nas Bibliotecas Escolares nunca nos cansaremos de dicir que toda esta revolución que estamos a vivir nas bibliotecas dos Centros galegos é sin lugar a dúbidas, grazas a Cristina e a Pilar, as nosas asesoras, que dende a Consellería siguen a loitar día a día polas bibliotecas e constitúen o noso motor e o noso máximo apoio. Ademais foron elas as que nos empuxaron a presentarnos a este premio. MIL GRAZAS!!

          Son innumerables as mensaxes de parabéns que estamos a recibir desde distintos medios. Enche de orgullo e agradecemento ver que tanta xente valora o traballo que realizamos con tanta ilusión: compañeiros e compañeiros de profesión, responsables de bibliotecas, antigo profesorado do Centro, ex alumnos e ex-alumnas, veciños e veciñas de Louro e arredores,... Esta é unha mensaxe de esperanza y de reflexión ante unha situación educativa que estamos a vivir e que non é a máis desexable. A Escola Pública está viva a pesar dos pesares e seguiremos estando aí sempre porque cremos no que facemos.

          Deixamos aquí a memoria que presentamos a esta convocatoria. Esperamos que a disfrutedes como o fixemos nós levándoa a cabo.



page | by Dr. Radut