MENÚS MES DE NOVEMBRO

NOS ADXUNTOS PÓDENSE CONSULTAR OS MENÚS DO MES DE NOVEMBRO

Día non lectivo

Neste curso 2020-2021 foi aprobado como día non lectivo o 18 de maio do ano 2021.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DO CONCELLO

Este curso 2020-2021 non se van facer actividades extrescolares presenciais mentres dure a pandemia. De todas formas o Concello de Lugo ofrece as familias facer as actividades pero de modo telemático. Todos aquelas familias que poidan estar  interesadas en ditas actividades TELEMÁTICAS deberán entrar no seguinte enlace onde atoparán a autorización para poder inscribirse nas actividades.

 

 

MENÚS MES DE OUTUBRO

NOS ADXUNTOS PÓDENSE CONSULTAR OS MENÚS DO MES DE OUTUBRO

Titorial como entrar na Aula Virtual As Mercedes

Adxuntamos manual de axuda para entrar na Aula Virtual para cambiar a contrasinal e engadir imaxe de perfil.

MENÚS MES DE SETEMBRO

NOS ADXUNTOS PÓDENSE CONSULTAR OS MENÚS DO MES DE SETEMBRO

PLAN DE ADAPTACIÓN COVID 19 - CEIP DAS MERCEDES- 2020-2021

Este é o Plan de adaptación a situación COVID 19 para o curso 2020-2021 que se realizou no centro Ceip das Mercedes. Está a disposición de toda a comunidade educativa. Nel se detalla como vai actuar o centro ante toda a situación provocada polo COVID.

RESUMO PROTOCOLO

INSTRUCCIÓNS PARA O CURSO 2020-2021

ENTRADAS E SAÍDAS
  Entraremos polo campo de fútbol, de xeito escalonado. Colgados na verja atoparedes uns carteis cos cursos, os alumnos/as, situaranse  en fila, no lugar asignado e cunha distancia de 1,5m , esperaran a que os chame a titora para subir á aula (sempre mantendo a distancia e camiñando pola súa dereita) Ao chegar á aula esperaran en fila a para desinfectar as mans e irán entrando de un en un para ocupar o lugar que se lles asignou e no que deberán permanecer todo o curso. A saída farase do mesmo xeito.
RECREOS
·         Saíremos por turnos
·         Empezarán saindo os grupos A , ás 11: 40 e permanecerán no campo un cuarto de hora o outro cuarto de hora estarán na aula.
·         ÁS 12:00 farán o mesmo os do grupo B
·         Se a situación meteorolóxica non o permite, os recreos faránse íntegramente na aula.
MERENDAS
·         O protocolo da Consellería aconsella que non se traía.
·         Se se trae, deberá ser pouca cousa  e que non precise de moita manipulación como por exemplo: iogures e zumes de beber con palliñas, plátano, alimentos envoltos…
LAVADO DE MANS.
·         Levarase  a cabo con moita frecuencia
·         No momento de entrar
·         Antes do recreo
·         Despois do recreo
·         Antes de sair
v  O alumnado deberá ter enriba da mesa un frasco pequeño de hidroxel para usar sempre que sexa preciso: despois de estornudar, toser…
MASCARILLAS
·         É obrigatorio o uso da máscara durante toda a estancia no Centro, ademáis Terán que traer una de reposto dentro de un porta máscaras (de tela ou papel) para gardar a limpa e outro porta máscaras, sobre ou similar por se houbera que retirar a que están usando.
MATERIAL
·         O material deberá estar gardado sempre no caixón debaixo da mesa de cada alumno/a. Será de uso individual e non se poderá prestar.
·         Deberán traer so o que precisen para cada día.
·         Convén traer mochilas que ocupen pouco espazo, xa que estrán ao lado das mesas.
·         É obligatorio traer una botella de auga, xa que non se pode beber do grifo
·         É obligatorio traer todos os días un paquete de panos de papel na mochila
OUTRAS INFORMACIÓN
·         Precisamos email e número de teléfono actualizados.
·         Se un alumno/a se atopa mal, avisarasevos para pasar a recollelo/a.
·         Se os síntomas son os recollidos no protocolo como compatibles dcoa COVID19, aislariase no lugar habilitado para estes casos ata que o veñades recoller.
·         As alumnas/os deberán ir ao baño antes de sair da casa para evitar desprazamentos innecesarios ao longo da xornada escolar.
·         Non olvidedes tomarlles a temperatura a diario.
·         Levarán una declaración responsable que deberedes asinar e devolver .

Para máis información, podedes consultar a web do centro.
 

   PROXIMAMENTE COLGARASE O PROTOCOLO COMPLETO COVID-19 DO CENTRO

INSTRUCCIÓNS INICIO CURSO 2020-2021

ENTRADAS E SAÍDAS

1-      Os alumnos virán acompañados tan só dun proxenitor.

2-      Tanto alumnos como país será obrigatorio que veñan con mascarilla
3-      As entradas e saídas faranse polo campo de fútbol na rúa Novo Freire, excepto os de 3 anos que entarán pola cancilla de sempre.
4-      Tódolos país e alumnos deberán estar no campo de fútbol as 8:50 para entrar e as 13.50  para sair. Aos de 3 anos explicaráselle na súa propia reunión.
5-      Dentro do campo de fútbol cada pai colocarse  co seu fillo na fila correpondente ao seu curso ( sinalada  cun cartel do curso: 1ºA, 1ºB,2ºA…..) mantendo sempre na fila a distancia de seguridade de 1,5 metros.
6-      As saidas faranse da mesma forma: os país virán as 13:50 e colacaranse na fila correpondente ao seu curso , mantendo a distancia. Os país non se moverán da fila, e serán os alumnos os que vaian hacia eles ( sempre usando a mascarilla)
7-      Unha vez recollidos os alumnos, rógase non permanecer no campo de  fútbol.

 
Os país deberán comprobar  na casa tódolos días a temperatura, e en caso de ter síntomas compatibles con COVID non poderá vir ao centro, segundo se contempla na normativa vixente.

 

Os alumnos deberán  traer unha mascarilla posta e outra de reposto nun estuche. Además deberán traer unha botella de agua cada un.

ABALAR

Todas as familias que teñan problemas ou que non teñan descargada a aplicación ABALAR deben pasar polo centro. As comunicacións neste curso 2020-2021 faranse por ABALAR.

 

Distribuir contido