Día da Danza

O pasado xoves 29 de abril, celebrouse o Día da Danza polo que todos os cativos e cativas do colexio fixeron unha danza moi especial! Sabedes que este día se celebra dende o ano 1982?? E serve para homenaxear á danza como unha disciplina de arte universal e diversa.

PINFUVOTE

Coñecedes xa o PINFUVOTE? Trátase dun deporte alternativo que consiste na fusión de pin pong, fútbol, voleibol e tenis. Os nenos e nenas de quinto e sexto están a practicalo estes días, e o seu creador Juan Lorenzo Roca manda un saúdo a toda a comunidade educativa e danos uns trucos para xogalo mellor. A que esperades??

Se queredes máis información podedes facer click AQUÍ para acceder a súa páxina web.

MENÚS MES DE MAIO

NOS ADXUNTOS PÓDENSE CONSULTAR OS MENÚS DO MES DE MAIO

MATRÍCULA 2021 - 2022

QUEDAN ADMITIDOS TODOS OS ALUMNOS QUE SOLICITARON PRAZA NESTE CENTRO PARA O CURSO 2021 - 2022.

LEMBRADE QUE SERÁ OBRIGATORIO FORMALIZAR A MATRÍCULA DENDE O 20 AO 30 DE XUÑO.

 

MENÚS MES DE ABRIL

NOS ADXUNTOS PÓDENSE CONSULTAR OS MENÚS DO MES DE ABRIL 

Día da Muller

No noso cole xa nos estamos preparando para celebrar o Día da Muller, que se conmemora o próximo 8 de marzo. Para esta ocasión as profes Ana (3ºA) e Carolina (2ºB) acompañadas do seu alumnado crearon un murais precisos que agora temos na entrada!

Aquí tedes unha mostra dos traballos do noso alumnado:

 

 

Admisión 2021/2022

Poderán presentar a solicitude de admisión dos seguintes xeitos:

  • Entregándoa no centro de orixe do alumnado (centro no que está actualmente escolarizado).
  • Entregándoa a través da sede electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación web 

Prazo: 1 ao 22 de marzo.

Información proceso de admisión (Adxunto)

 Lexislación

MAPA DE ESCOLARIZACIÓN ZONA DE LUGO 

APLICACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO

ENLACE Á SEDE ELECTRÓNICA

SOLICITUDE (Adxunto)

MENÚS MES DE MARZO

NOS ADXUNTOS PÓDENSE CONSULTAR OS MENÚS DO MES DE MARZO 

Distribuir contido