CONTOS PREMIADOS NADAL

Como en anos anteriores, o noso centro, convocou o Concurso de Contos de Nadal dirixidos aos nen@s de Primaria.

Os contos premiados corresponden aos seguintes alumn@s:

2ºA ......... Nerea González

2ºB ........  José Ángel Pérez

3º   ........  Bryan Moreno

4ºA   ......   Rubén Lorenzo

4ºB  .......   Estefan Domínguez

5º   ........  María Salgado

6ºA  .......  Alejandro Gándara

6ºB ........ Matías Núñez

                 

                 Para que disfrutedes, como fixemos nós, deixámosvos coa lectura dun dos contos premiados:

    

¿Que é o que pasaría

se pouco antes do sinalado día,

os paxes reais,

declaráranse en rebeldía?

Pois este conto

é do que vai,

dunha gran folga xeral.

 

Día  3 de Xaneiro

As SSMM os Reis Magos de Oriente estaban reunidos,debatindo a lista de candidatos dubidosos;é dicir :aqueles pequechos que pola súa traxectoria de falcatruadas anuais non sería doado que, algún dos nosos protagonistas,visitase a súa casa.

-MELCHOR.-(Con xesto enfadado) ¿Quen puxo este nome na lista ?

-GASPAR.-(Sen levantar os ollos de papel)¿Pódese saber a quen te refires?

-MELCHOR.-(Aínda máis alporizado)¿A quen vai ser? Ó de sempre, a ese indomable,argalleiro e pequeno "terrorista".

-GASPAR.-(Ollando cara Melchor cun sorriso burlón)¡Ah! Refíreste a Bieito,o fillo de Pepe de Castromao.¡Pero se é un bendito!

-MELCHOR.-¡Bendito é seu pai!Nunca nos deu un problema;era un bo neno, estudoso, educado; é máis, aínda segue sendo moi boa persoa.Pero o fillo...¡non hai maneira de endereitalo!

-BALTASAR.-(Tratando de poñer un pouco de paz) Por iso se fai esta lista:para dar unha segunda oportunidade.

-MELCHOR.-¿Segunda oportunidade? Se non recordo mal ,entrou nesta lista con só catro anos,¿ou esquecistes o que lle fixo ó pobre canciño?¡Lembrade!.Como quería un can vermello, coma o da televisión,colleu uns botes de pintura, botouna nunha tina e bañou ó cadelo.
-GASPAR.- (Escachando coa risa) Xa non me lembraba.¡Boísimo!¡Como escapaban do can os veciños!
-BALTASAR.-(Farto de perder o tempo) ¡Morra o conto! Imos repasar o expediente deste ano e, segundo a información, decidiremos.
-GASPAR.-(Despois de revisar con rapidez o informe) Pois non vexo que fixera nada grave.
-MELCHOR.-(Cos ollos saíndolle das cuncas) ¡Nada grave! ¡E o que lle fixo á mestra de matemáticas!
-GASPAR.- (Sen darlle importancia) ¡Bah! ¡Un petardiño de nada!
-MELCHOR.- (Xa tiña os ollos fóra) ¿Petardiño de nada? ¡Pero se era unha traca do entroido de Xinzo! ¿Non pretenderás disculpalo?
-GASPAR.- (Ollando cara ó teito) Pois home, co paradiña e sosa que é a mullerciña, de cando en vez, un pouco de emoción...
-MELCHOR.- ¡Emoción... infarto e dereitiña á tumba!
-GASPAR.- (Con tranquilidade e moita retranca) Aínda non era a súa hora.
-BALTASAR.- (Moi pero que moi farto) ¡Xa está ben! En vista de que non hai acordo e andamos xustos de tempo, pasemos ó seguinte.Sobre Bieito, ¡debatiremos máis adiante e que Deus nos axude!
E nesta labor estaban cando, de súpeto, entrou un dos paxes reais, chamado Aser, algo nervioso, cunha mensaxe.
-BALTASAR.- (Amosando certo enoxo) ¿Que se che ofrece?
-ASER.- (Tatexando e sen poder dar un paso) Ve-ve-veño en representación dos meus compañeiros para comunicarlles que estamos en folga.
-MELCHOR.- (Aplaudindo) ¡Eramos poucos e .... perdón! ¿Que estades en que?
-ASER.- (Aínda máis nervioso) En folga. Neste papel traio algunhas das nosas esixencias.Queremos negociar.
-BALTASAR.-(Perdendo a súa tranquilidade) ¿Negociar? Fai o favor de explicarnos a que ven todo isto.
-ASER.- Pois, bueno e que un dos paxes, o que traballou antes con Papa Noel, dixo que gañaba  máis, traballaba por turnos, pagábanlle as horas extras... e algunhas cousiñas máis.Nós só pedimos igualdade de condicións.
-MELCHOR.- ¿Con quen? ¿Coa competencia? ¡Xa!Meu neno, a competencia está "forrada",vai en trineo con tropecentos renos, leva traxes de veludo de alta costura.Nós, vamos en camelo e coa mesma pinta dende fai séculos.¡Xa te darías conta que non somos Bill Gates, Brad Pitt ou Xulio iglesias! 
-BALTASAR.- ¡Está ben! Estudaremos as vosas peticións.¿Algo máis?
-ASER.- (Deixando o papel enriba da mesa) Sí:ata que non haxa acordo non seguiremos traballando e para negociar, esiximos a presenza do sindicato. Nada máis e boas noites.
Unha vez que o paxe marchou, os Reis Magos botáronse as mans á cabeza.Era o que lles faltaba : a poucas horas de Noite de Reis e co persoal en folga.Decidiron rematar axiña e agardar ó vindeiro día. ¿Que sorpresa terían?
Día 4 de Xaneiro
Melchor foi o primeiro en chegar.Non atopou un só paxe mais si moreas de xoguetes sen empaquetar.¡A cousa ía en serio!-pensou- e dicidiu agardar polos seus compañeiros mentres ollaba o papel que lles entregara Aser.Por fin, media hora despois, comezaron a buscar solucións.
-MELCHOR.- (Axitando o papel) ¿Vós vistes o que piden esos?Aumento de salario,menos horas de traballo , pagas extras... festivos e días libres.
-GASPAR.- (Con moita retranca) ¿Queren ser mestres?
-MELCHOR.- (Alporizado e sen deixar de dar voltas ) ¡Non! o que queren é ser funcionarios da Xunta:almorzar dúas veces, facer compras e daír ás tres para chegar ás dúas a casa.
-GASPAR.- (Suspirando) ¡Eso sí que é vida de reis!
Namentres debatían, oiuse un gran barullo: chegaron os paxes co seu negociador.
-BALTASAR.- (Con tranquilidade) Estivemos revisando as vosas propostas e, sinto dicilo, non podemos aceptar.
-NEGOCIADOR.- (Serio e con mala cara) Pois nada. Bos días e que vostedes sigan ben.
-BALTASAR.- (Poñéndose en pé) ¡Para o carro! Sí, xa sei...claro: ti és Bernardiño, o neto do ferreiro de Mourillós. Xa me lembro. Unha pregunta: ¿Esto é polos carbóns de case tódolos anos?
-NEGOCIADOR.- (Coa cara coma un tomate) ¡Non! Eu só cumpro co meu traballo.Outra cousa: ¡non as fixen tan "gordas" coma para merecer tantos  carbóns!
-GASPAR.- (Poñendo calma) As esixencias son moitas e non podemos cumplilas todas, polo momento. ¿Poderiamos acadar un acordo cedendo todos un pouco?
-NEGOCIADOR.- Non vexo ningún problema.Falemos.
 Despois de moitas horas de enfados e discusións, chegaron a un acordo: os Reis Magos aceptaron a maioría das esixendias dos paxes. A cambio, eles deberían volver de inmediato ó traballo. Asinaron e tema resolto.
Día 5 de Xaneiro
Cando as SSMM chegaron, moi cedo, todos traballaron arreo.Nunca viran tal cousa.Todos os pedidos estaban case rematados agás os cambios de última hora que,aínda que se fan,son un problema porque ós reis,coma ós demáis, dánlle un vale de compra e non lle devolven os cartos.
Pouco tempo despois, todo estaba rematado e listo para cargar nos camelos.
Os Reis Magos fóronse preparar e, de paso, tomar un "pinchiño"pois a noite ía ser moi longa e non poderían parar, en tódalas casa, a comer as lambetadas que os nenos lle deixan.
-MELCHOR.- (Remodando de vestirse) ¿Que nos deixarán este ano? ¡Só pido que non sexan madalenas e leite! Engordan e sempre acabo cun par de quiliños de máis.
-GASPAR.- (Con retranca) Se queres deixámoslle unha nota para que, o vindeiro ano, deixenalgo máis lixeiro.¿Que tal un vesetal?¿Prefires un mixto? Como non vas parecer un bocoi, se ti non  vas deixar agasallos:¡ti vas cear!
-MELCHOR.- (Un pouco anoxado) É que a viaxe é longa e ir en camelo dá fame.
-GASPAR.-(Dándolle a Melchor unha palmadiña) ¡Máis fame terá o camelo que é o que te leva enriba!
Mentres seguían coas bromas e de bo humor, un paxe avisounos de que estaban listos para comezar a viaxe e, un  ano máis, repartir xoguetes por todo o mundo.O camiño é longo pero o esforzo esquécese coa ledicia dos nenos á mañá seguinte.
Non vos quero deixar coa dúbida: os Reis Magos decidiron visitar a casa de Bieito, deixándolle un pequeno agasallo e un anaco de carbón.
Cando volten terán que cumplir o prometido ó negociador e coa crise, que din que hai e durará, esperemos que o vindeiro ano poidamos disfrutar dos agasallos.E  despois andan a dicir: ¡Os Reis Magos son os pais! ¡Coitado do que perdeu a ilusión!
Matías Núñez