MAGOSTO

MAGOSTO

 

Co gallo da celebración desta festa tan arraigada no noso entorno, realizamos distintas actividades:

- Recompilación de cantigas, ditos, refráns...relacionados co magosto e o outono, coa que elaboramos un libro que está exposto á entrada do centro, e un mural colectivo.

 

Portada do libro

 

Quedou un mural ben xeitoso,

non vos parece?

 

 

O libro tivo moita aceptación!!!

 

 

- Celebración do magosto.

O día 13 de Novembro ( por fin, deixou de chover!) puidemos celebrar a ansiada e esperada festa...e non era para menos, xa que a xornada se presentaba moi activa, chea de actividades!

Pola mañá... Néboa e... XOGOS POPULARES, organizados polos profes de Educación Física en colaboración co resto do profesorado.

 

 

Que forzudos...!

 

Haberá pechadura para esta chave?

 

Con esta néboa non hai quén atine!

 

Pola tarde... despois de xogar, enchemos o bandullo coas ricas castañas asadas.

Houbo partidos de fútbol e baloncesto nos que os mestres tiveron que competir cuns bos xogadores ... @s alumn@s do centro, que aínda que máis pequenos, loitadores ata o final!