Solicitudes de admisión para o curso 2023-2024

prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso 2023-2024 é do

1 ao 20 de marzo (incluídos).

 

 

  • A solicitude pódese presentar de forma electrónica ou presencialmente no colexio.

 

  • Se a solicitude de admisión se realiza de forma presencial, virá debidamenta cuberta e asinada. Acompañarase  dunha copia  do Libro de familia; no seu defecto  achegarase un certificado de empadroamento ou partida de nacemento.

 

NOTA: Nos ficheiros adxuntos inclúese a solicitude  e o titorial correspondente.

 

 ---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Normativa de aplicación

    • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

    • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

AdxuntoTamaño
Solicitude de admisión1.38 MB
Titorial 1.15 MB