Reutilizamos por un Nadal mais sostible!!

Este pasado venres, día nove de decembro, os nenos e nenas máis peques do cole (educación infantil) e os maiores (quinto e sexto de primaria) aproveitaron materiais de refugallo para construir preciosos adornos de Nadal. Os maiores compartiron cos nenos e nenas de infantil as súas habilidades e os pequenos non perderon detalle do que tiñan que facer.

Bótadelle un ollo aos artistas e as súas obras na galería!