Máis actividades do outono

Antes de que chegue o inverno e de que remate esta fermosa estación, queremos compartir con vos as fotos doutras actividades que tamén fixemos durante este tempo.

Como sabedes, encántanos gozar coidando da natureza, coñecendo a nosa carballeira e todo o que nos proporciona, así que non dubidamos en aceptar a proposta que nos fixeron dende Rosenlands: unha aproximación á micoloxía que incluiu a interesante exposición que podedes ver nas fotos que vos achegamos e unha divertidísima procura do tesouro pola carballeira.

 

Tamén dende o centro queremos aproveitar a gran oportunidade que nos da esa área natural tan cercana e, dende o proxecto Voz Natura, visitámola moi a miúdo. Así que, para levar a cabo unha das nosas actividades de aplicación da regla das 3 Rs: reducimos, reutilizamos e reciclamos, visitámola e recollimos desa terra tan rica para facer un ourizo reciclado! En pouco tempo poderedes visitar este álbum da nosa galería e coñecer máis actividades de fabricación de xoguetes aplicando este valeroso principio.