AVISO IMPORTANTE!

 

Estimadas familias:

 

O centro educativo é consciente do malestar dalgunhas das familias en relación a información recibida sobre a xestión dos casos da Covid-19.

 

Queremos  poñer en coñecemento de toda a comunidade educativa, que tanto o Equipo Directivo e o Equipo Covid , non somos os responsables do confinamento/ corentena do alumnado. O centro é un mero transmisor  da información que a CSC nos transmite e o centro comunica ás familias.  A determinación de contacto estreito depende das autoridades sanitarias.

 

Manifestamos tamén o noso malestar fronte a  esta situación xa que recibimos informacións contradictorias  por parte do CSC ,segundo o  día que nos atopemos ,o que xera inquedanza e nerviosismo na comunidade educativa .

 

O centro púxose en contacto con Xefatura  Territorial de Sanidade  e Inspección Educativa  para comunicar todo o que está a acontecer e que coa maior brevidade posible dar solucións. De xeito que non teñamos que atoparnos nesta situación novamente.

 

É preciso indicar que os tempos de espera para recabar información son longos ,debido a que somos moitos os centros educativos que estamos nesta situación e precisamos información dun mesmo organismo, nunha situación sanitaria moi complexa.

 

A labor que se está facer, tanto no horario lectivo como non lectivo ,por parte do persoal do centro  para a xestión de casos e posta en  marcha  das estratexias de prevención e control da Covid 19 , é desmesurada  .Se a información que recibimos non é clara e concreta  ( xa que depende do rastrexador/a co que falemos temos informacións contradictorias), e coñecida por todos os axentes implicados , dá lugar a este tipo de situacións , onde a cara visible é o centro educativo.

 

 

 Agradecemos a paciencia e comprensión de toda a comunidade educativa .