REALIZACIÓN DUN CRIBADO NO NOSO CENTRO

 

Estimadas familias,

En primeiro lugar queremos agradecer a vosa participación no cribado que terá lugar o luns e martes. As persoas que veñan a acompañar ou ben que só traian ao/á neno/a a facer a proba deberá agardar fóra do colexio. Serán chamados/as polo/a nome/a do/a neno/a  pola porta do pavillón que dá ao peirao. Os tempos que marcamos son aproximados, pensade que nunca organizamos un cribado…

Unha vez feita a proba sairedes seguindo a sinalización, evitando quedar preto do pavillón para que poidamos garantizar distancias  e obter a maior seguridade para todos/as.

No seguinte enlace a Espazo Familias tedes a organización por días e cursos:

https://ceipcouceiro.wixsite.com/misitio-1

 

Tamén tedes a posibilidade de descargar un archivo con dita organización.

 GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

AdxuntoTamaño
táboa páxina web.doc37 KB