PURPURINA VISITA "AFUNDACIÓN"

A Compañía de Ópera Purpurina visitou o ESPAZO +60 de AFUNDACIÓN de Pontedeume. Alí tivemos a gran oportunidade de compartir momentos moi divertidos e emocionantes coas persoas +60.
Nenos e nenas e maiores viviron un intercambio de experiencias e coñecemento no que o noso alumnado aprendeu a valorar aos maiores como fonte de sabedoría e experiencia e formar unha idea máis positiva e non estereotipada das persoas maiores. E puxemos en práctica o tema da nosa ópera Coidar Todo!