MAGOSTO

 MAGOSTO E DÍA DO PEÓN

Este luns, como xa é tradición no noso centro celebramos o MAGOSTO e o DÍA DO PEÓN. Suso e Roberto foron os encargados de asar as castañas que logo degustou o alumnado. Despois bailamos os peóns e cantamos unha canción que aprenderamos coa profe Elena.