ILLA FANTASÍA
Hai uns días chegou dende Illa Fantasía a Gran Bruxa china "Brúxula". Estaba un pouco desorientada... e como andaba perdida pola escola... pediu axuda aos nenos e nenas de primeiro, segundo, terceiro e cuarto. Adiantounos unha morea de actividades que acontecerán na súa pagoda.
Na maleta traía unha chea de cousas para ensinarnos... un compás para atopar o norte, faroliños chinos, unicornios para cada clase para marcar os puntos cardinais… e sobre todo animounos a ler para que os nosos unicornios medren, e para que escribamos á illa sempre que queiramos. http://bibliocouceiro.blogspot.com.es/2017/11/illa-fantasia.html |
»