Skip to Content

Proxecto Documental

O RATO CORNIDE POLO MUNDO

Aquí tedes o mapa do noso rato viaxeiro. Pulsando sobre os avións, tedes información sobre os países que vai visitando.

UCRAÍNA

O alumnado de terceiro ciclo fixo varias presentacións co programa Canva, relacionadas cos países que integran o PDI.

Nesta ocasión, clicando sobre as ligazóns poderedes descubrir datos curiosos de Ucraína.

Por suposto, non esquezades ter os altofalantes activados!!

 

Australia

Velika estivo en Australia estes días visitando o Rato Cornide e acordouse moito de nós. Trouxo un libro australiano de agasallo para a nosa biblioteca e explicounos cousas moi significativas deste país por medio dunha presentación para todo o cole moi divertida.

Percusión

Aproveitando o estudo de Ucrania a profe Silvia e os nenos e nenas da súa clase fixeron un espectáculo de percusión con música típica ucraniana que nos deixou a todos abraiados.

Presentación sobre Ucaína

Aproveitando os grandes coñecementos de Miguel sobre Ucrania, explicounos a través dunha presentación moi interesante as cousas máis significativas deste país que se atopa nunha situación tan complicada.

 

Concurso sobre os animais

Co traballo sobre Australia os nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria prepararon un concurso con preguntas sobre a fauna deste país. Os cativos do Cornide o fixeron ben, ben, requeteben!!

Scape room

Todo o centro participou nun scape room sobre o aprendido no proxecto no cal tiveron que utilizar moitas destrezas. Búsqueda de libros na biblioteca, búsqueda de información en atlas, xogos de pistas e lóxica agochados entre os xogos da biblioteca...

     

 

 

Exposición sobre China

Os compañeiros e compañeiras de 3º e 4º explicáronnos moi ben as cousas máis características de China nunha presentación moi divertida

 

Mural de China

Os mais pequeniños e pequeniñas do cole comezaron a preparar a súa actuación sorpresa para fin de curso. Para tal fin prepararon un decorado moi especial.

Mural mapa mundi

Seguimos co noso proxecto e esta vez creando un mural colaborativo onde os nenos e nenas dos diferentes cursos iremos decorando e enchendo de vida os diferentes lugares do mundo. 

Distribuir contido


by Dr. Radut