Skip to Content

6º Primaria

CIENCIAS SOCIAIS: AS ORIXES DA TERRA

Para os que rematastes a tarefa da materia de SOCIAIS propóñovos unha viaxe ás orixes do noso planeta. Xa vimos que o universo que coñecemos comezou cunha explosión chamada "big bang". Hai uns 15.000 millóns de anos que sucedeu, e aproximadamente 10.000 millóns de anos despois comezaron a formarse os planetas arredor da nosa estrela, o sol.

Neste documental "Origen de la tierra" (National Geographic)  tedes unha historia natural do noso planeta, cunhas imaxes de moi boa calidade que tratan de simular como sería ese planeta desde o seu nacemento.

https://www.youtube.com/watch?v=_Loq6OnPWWU

A miña proposta é a seguinte: Dividiremos o documental en 4 capítulos de 20 minutos aproximadamente. Cada día de Ciencias Sociais (luns e xoves) veremos un capítulo, e faredes (na libreta ou en formato word) un resumo dese capítulo (100 pp e en galego), acompañado dun debuxo ou imaxe daquelo que vos pareceu máis importante de cada capítulo. Cando rematedes o documental, podedes enviarme o traballo completo, ao meu correo electrónico, incluíndo no encabezamento do correo o voso nome e o título: "As orixes da terra".

Saúde!

CARVALHO CALERO

Como sabedes, este ano o Día das Letras conmemoramos a figura de Ricardo Carvalho Calero, un intelectual, escritor, filólogo e profesor galego, nacido en Ferrol, que tivo grande influencia na corrente lingüística que coñecemos como reintegracionismo lingüístico, postura que defende que o galego é unha variedade da lingua portuguesa, e por iso debe adoptar a escrita máis similar á do portugués, en lugar de tomar a propia do castelán.

 

https://www.youtube.com/watch?v=nwhKFNhemxY

 

Neste enlace tedes un video que vos recomendo que vexades, para que despois poidades facer o xogo:

 

https://colexiosanpiox.gal/blog/2020/don-ridardo-o-xogo/

 

Moita saúde!

 

 

Galego 6º - Semana do 20 de abril by María de los Ängeles Quintana

 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcornidesaavedra/system/files/COMPRENSION%20LECTORA%203_3.pdf
576.24 KB

SAÚDO CARA O TERCEIRO TRIMESTRE

Ola Rapaces e familias.

Dado que esta situación se vai prolongar máis do que agardabamos, irei introducindo nesta páxina actividades semanais para as diferentes materias que eu imparto: Matemáticas, Lingua Castelá, Sociais, Naturais, Música e Valores.

O obxectivo é que sigamos mantendo os hábitos de traballo, e desenvolvendo as competencias básicas con tarefas factibles desde casa. Dalgunhas tarefas pedireivos que me enviedes o traballo finalizado, coma sempre ao meu correo:

marcos.casas@edu.xunta.gal

 

Desde o colexio comprendemos as dificultades desta situación para moitas familias que non poden acceder ao material, non teñen conexións cómodas a internet, ou non teñen tempo de supervisar o traballo do alumnado. Agradécese todo o que estades facendo neste sentido, e a grande capacidade de esforzo e resistencia que estades demostrando. Moito ánimo!

 

Cada alumno, orientado pola súa familia, irmáns maiores, etc, debe facer o que poda, sen agobiarse, e dacordo coas súas capacidades. Este traballo será un "mantemento" ata que recuperemos as clases con normalidade.

 

 

Empezo propoñendo a elaboración dun texto (conto, poema, relato, historia, ...)  sobre algunha destas imaxes ou sons, para que vaiades facendo esta semana e a que vén:

http://lidiss.gal/lino-braxe

http://lidiss.gal/santy-gutierrez

 

O máximo son 600 palabras, para que así poidades presentalo a este certame literario:

http://lidiss.gal/como-funciona

 

Déixovos aquí a foto da maceira que plantamos este inverno, que xa está sacando a súa primeira flor.

Marcos

Distribuir contido


by Dr. Radut