Estes primeiros días estiveron cheos de novidades. Descubrimos un novo espazo que pasará a ser a nosa aula durante todo o curso e tamén coñecemos a todas esas persoas que nos acompañarán ó longo desta aventura. Non foi doado para todos xa que é un gran cambio cara o descoñecido pero cada día imos mellorando e disfrutando máis das propostas da aula e da compañía dos outros pequenos e pequenas. Dito isto, paso a ensinarvos un pequeno resumo visual do ben que o pasamos nestas semanas.