Skip to Content

A PALABRA DA SEMANA

Este curso retomamos un proxecto que lle encanta a pequerrechos e maiores do noso centro. Volveu A PALABRA DA SEMANA!! cargada de palabriñas moi nosas, cun cariño e son especial en galego.

Nesta actividade os nosos cativos e cativas dan renda solta á súa imaxinación e crean traballiños incríbles: manualidades, contos, fábulas, investigacións, vídeos, poemas... Un sinfín de marabillosas e creativas tolemias que se lles pasan polas súas cabeciñas e que amosan ao resto de alumnado os venres na nosa Hora do conto.

Se pinchades na imaxe da árbore poderedes ver as palabras e traballos que fixemos ata o de agora.

Estade ben atentos a que palabra toca esta semana! 

 

 



blog | by Dr. Radut