Aquí estamos de novo, coidándonos moito, porque xa sabedes que "Moito axuda quen queda na casa"
Trátase de que teñades suficientes recursos para estes días. Se podedes imprimir os caderniños, estupendo, pero os que non poidan (que sodes a maioría) aconsello copiar un exercicio de cada páxina na libreta, e o resto ou se fan oralmente ou quedan en reserva para outros días.
Intentamos así, que os nenos manteñan a rutina de traballo escolar, e ademáis aproveiten mellor este tempo de confinamento nas casas.
Esta situación pillounos a todos descolocados (nenos, familias, profesorado...) e hai que mirar polo ben dos cativos, non hai que "facer callo copiando", nin esixirnos por encima das posibilidades de cada un. Ante todo "moita calma".
Un abrazo moi forte que pronto nos veremos
SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL
LENGUA |
lectura e comprensión lectura e escritura de cr- cl- |
Páxinas 13 ata 15 enlace: https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202021213_U32... |
MATEMÁTICAS |
medimos co corpo litro e quilo |
Páxinas 12 ata 15 enlace: https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202011213_U32... |
LINGUA |
lectura e comprensión lectura e escritura de: pr- pl- |
Páxinas 12 ata 15 enlace: https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=2020212137_U3... |
NATURAIS |
lectura e repaso do tema 1 "O meu corpo" |
enlace: http://pdi.vicensvives.com/pdi/naturais1/program/index.html#/tm?l=471 |
SOCIAIS |
lectura e repaso do tema 6 "A auga e o aire"
|
enlace: http://pdi.vicensvives.com/pdi/sociais1/program/index.html#/tm?l=472 |
E xa que esta semana, o 23 de abril, é o Día do Libro, o conto desta semana é "Don Quijote de La Mancha"
- Mirade este video de youtube
- Escribide título e autor
- Escribe o que máis che gustou e fai o debuxo