Skip to Content

COMEZO DO CURSO 2021/2022

As clases comezarán o día 9 de setembro de 2021 para todo o alumnado no horario habitual de todo o curso.

 

ENTRADA

Ás 9:00

      - 1º e 2º de Primaria pola porta pequena.

      - 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria polo portalón grande.

As portas abriranse ás 08:55

Cando o profesorado de garda o indique, accederán ao recinto, entrando sós ata a súa clase.

 

Ás 9:05

       - Todo o alumnado de Infantil entrará pola porta pequena, acompañados dun familiar, dirixíndose polo lado do colexio segundo a súa clase, ata o porche cuberto. Alí agardarán para entrar todos xuntos co seu titor ou titora.

 

Os que teñan irmáns maiores poderán entrar ás 9:00 con eles.

** Durante o período de adaptación o alumnado de 4º de Infantil entrará á hora que lle corresponda segundo o día**

Do 9 ao 15 de setembro incluídos: De 11:00 a 13:45

Do 16 ao 21 de setembro incluídos: De 10:00 a 13:45

A partires do 22 de setembro: De 9:05 a 13:45

 

SAÍDA

Ás 13:45

      - Abrirase a porta pequena para que os familiares do alumnado de Infantil pasen ata o porche cuberto para recollelos. A saída realizarase, o antes posible, polo portalón grande.

      - O alumnado que vaia a comedor, será recollido polo persoal do comedor.

Ás 13:55

      - Irán saíndo os de Primaria, comezando polos cursos máis baixos.

      - 1º e 2º sairán pola porta pequena. 3º, 4º, 5º e 6º sairán polo portalón grande.

As familias do alumnado de Primaria non poderán acceder ao recinto escolar. Se necesitaran facelo por algún motivo, deberán chamar antes ao centro para avisar.

 

Prégase respecten as distancias de seguridade e non formen aglomeracións.

 



page | by Dr. Radut