A continuación podedes consultar o protocolo do comedor de adaptación á COVID 19 para o curso 2020/2021.
Aspectos máis importantes:
- Establécese un turno no servizo de comedor con dous accesos:
- Primeiro acceso para Infantil: 13:30h
- Segundo acceso para Primaria, na seguinte orde:
-1º e 2º de Primaria: 13:40h
-3º e 4º de Primaria: 13:50h
-5º e 6º de Primaria: 14:00h
- O servizo de comedor finaliza ás 16:00h. Realizarase unha saída de forma similar á do colexio. Serán escalonadas dende as 15:40h ata as 16:00h a intervalos de 5 minutos.:
15:40h Grupo 4º-5º infantil
15:45h Grupo 5º-6º infantil
15:50h 1º e 2º EP
15:55h 3º e 4º EP
16:00h 5ºe 6º EP
- A saída levarase a cabo polo portalón grande da Avda da Sardiñeira. Soamente un membro de cada familia dos nenos/as de Educación Infantil poderá acceder ao porche do colexio onde esperarán polos nenos/as. Abrirase a porta lateral pequena para o acceso das familias ás 15:40h e pecharase ás 15:45h. A saída das familias coas nenas/os será despois a través do portalón grande. As familias que non cheguen para recoller ao alumnado no seu turno, terán que esperar ata as 16.00h no portalón grande.
Anexo | Tamaño |
---|---|
44. Protocolo_coronarivus_José Cornide_Final.pdf | 2.98 MB |