Skip to Content

PROXECTO INNOVACIÓN "Introdución á robótica educativa en Educación Primaria"

Concedéronnos o programa de innovación educativa "Introdución á robótica educativa en primaria".

Este programa vai dirixido ao alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria e ten como principal fin que o alumnado poida iniciarse na experiencia de programación básica, robótica e construción.

Aínda que o programa vai dirixido aos cursos antes mencionados, a nosa idea é que se beneficien del todo o alumnado do centro segundo as súas posibilidades. Así mesmo, todo o profesorado do centro participará neste programa.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional dotounos do seguinte material:

- 6 robots de uso educativo, adecuados ás idades do alumnado.

- 6 kits de construción, que permiten a realización dun mínimo de 5 proxectos diferentes.

 



page | by Dr. Radut