Rematamos este curso, e non cunha festa como nos gusta facelo sempre.
Pero temos moito que celebrar, que estamos todos ben, que pasamos moito máis tempo en familia, que aprendemos moitas cousas novas (cociña, manualidades, informática...) e espero sobre todo, que aprendéramos a apreciar ben as cousas que temos que valorar e coidar.
Graciñas a todas as familias pola vosa imprescindible colaboración.
Espero vervos a todos a próxima semana no cole.
E o conto desta semana é:
O DÍA EN QUE A MAMÁ SE LLE PUXO CARA DE TETEIRA
Deixovos as reflexións dos nenos do que foi para eles o mellor e o peor destes tempos. Ireinos poñendo a medida que os vaia recibindo.
Picade en cada nome e veredes o que eles sentiron.
ROI ÁNGELA ÁNGELA (IN ENGLISH)