Skip to Content

SOCIAIS: O CLIMA E A PAISAXE

Empezamos o repaso e unha breve ampliación do tema "clima e paisaxe", para 5º e 6º. Esta unidade durará dúas semanas, así que podes dividir o traballo en catro sesións.

Como era a paisaxe e os ecosistemas da península ibérica hai cen anos?

e 1000 anos?

Como inflúe o clima na vexetación? E as actividades humanas?

como inflúe a contaminación na paisaxe?

Qué sectores económicos inflúen máis negativamente na conservación da paisaxe?

Observa este documental sobre a paisaxe máis abundante no norte da península: (dúas partes)

https://www.rtve.es/alacarta/videos/el-hombre-y-la-tierra/hombre-tierra-...

https://www.rtve.es/alacarta/videos/el-hombre-y-la-tierra/hombre-tierra-...

Para que repasedes as características dos climas déixovos este video:

https://www.youtube.com/watch?v=xGwxutJRb9U

e para que relacionedes clima e paisaxe, este outro:

https://www.youtube.com/watch?v=l6hy4TLNrKY

 

Para esta unidade, podes facer algunha destas actividades, ou , se é posible, todas. Envíaas como é costume, ó meu correo: marcos.casas@edu.xunta.gal

1 Debuxa un mapa parecido ó que aparece no minuto 2.06 do primeiro documental (Prisioneros de los bosques). No mapa inclúe en cada zona da península ibérica e as illas, polo menos unha especie que sexa abundante nesa área. (podes facelo mentres ves o cuarto documental)

2 Enche este quiz e envíame unha captura de pantalla co resultado, ou cóntame nun correo cal foi a túa puntuación.

https://www.goconqr.com/quiz/4799164/paisajes-de-espa-a

3 debuxa un mapa da península e as illas cos climas de cada zona, como o que aparece nos documentais sobre climas (3º e 4º)

 

Moito ánimo e Saúde! Marcos.



blog | by Dr. Radut