INICIO DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMADO
Prazo de solicitudes:
- Desde o día 1 ata o 21 de marzo, ámbolos dous inclusive, estará aberto o período de solicitude de praza para o curso escolar 2023-2024 no procedemento de admisión e matriculación do alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato.
- Antes do 25 de abril: publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos, ordeadas segundo a orde de puntuación obtida e onde consten as puntuaciones asignadas por cada criterio. Reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir da súa publicación, ante o consello escolar no caso dos centros públicos e ante o titular no caso de centros privados concertados.
- Antes do 15 de maio: publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos. Impugnación das listaxes definitivas: No caso de centros públicos, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada. No caso de centros privados concertados, poderán formular unha reclamación. En ambos casos, ante o Xefe Territorial no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.
- Do 20 ao 30 de xuño: formalización da matrícula no centro asignado en E. infantil e primaria.
Documentación a presentar:
As solicitudes de admisión, que se axeitarán ao modelo oficial (formulario ED550B) poderanse recoller na secretaría do centro. Tamén estarán dispoñibles na páxina web do centro, na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación "admisión de alumnado"
https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
e na páxina web da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, así como na sede electrónica da Xunta de Galicia
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=ED550B
Deberán ser presentadas a través da sede electrónica ou na secretaría do centro e acompañadas da seguinte información:
-
Fotocopia de DNI do alumno/a (se o ten) e dos proxenitores.
-
Fotocopia do libro de familia.
-
Certificado de empadroamento actualizado.
-
En caso de separación ou divorcio, deberán presentar copia do consello regulador ou resolución xudicial.
INFORMACIÓN INPORTANTE
A solicitude será única e vinculante, poderá conter ata seis centros por orde de preferencia e presentarase no centro indicado en primeiro lugar de forma presencial ou na aplicación "admisión de alumnado" e deberá ser asinada por ámbolos dous proxenitores.
Normativa de aplicación:
-
DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
-
ORDE do 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
-
Instruccións da Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aos centros educativos.
- Para mais información dos centros educativos (zona de influencia, IES adscritos, servizos, oferta educativa...) podedes consultar no seguinte enlace:
- https://www.edu.xunta.gal/centroseducativos/BuscaCentros.do