CEIP PLURILINGÜE DE CHANCELAS

O CEIP Plurilingüe de Chancelas é unha escola pública de educación Infantil e Primaria que se atopa en Poio, preto de Combarro e ollando cara a Illa de Tambo e a ría de Pontevedra.

Vista da Illa de Tambo dende o patio de Infantil

O horario do colexio é de luns a venres de 9:15 a 14:15. Actualmente contamos, grazas á colaboración da ANPA, cos servizos de Plan Madruga e comedor, podendo estar atendidos os nenos/as dende as 7:45 da mañán ata as 17:30 da tarde.

O teléfono de contacto é 886 15 14 69  e o correo electrónico ceip.chancelas@edu.xunta.es

Se pinchas ao lado da foto en adxunto poderás descargar o mapa.  

 

 

 

INICIO DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

Prazo de solicitudes:

Dende o día 1 ata o 20 de marzo, ámbolos dous inclusive, estará aberto o período de solicitude de praza para o curso escolar 2019-2020 no procedemento de admisión e matriculación do alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato.

Documentación a presentar:

As solicitudes de admisión, que se axeitarán ao modelo oficial (formulario ED550D) poderanse recoller na secretaría do centro. Tamén estarán dispoñibles na páxina web do centro, na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación "admisión de alumnado" https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ e na páxina web da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Deberán ser presentadas na secretaría do centro e acompañadas da seguinte información:

  • Fotocopia de DNI do alumno/a e dos proxenitores.
  • Fotocopia do libro de familia.
  • Certificado de empadroamento actualizado.
  • En caso de separación ou divorcio, deberán presentar copia do consello regulador ou resolución xudicial.

INFORMACIÓN INPORTANTE

A solicitude será única e vinculante, poderá conter ata seis centros por orde de preferencia e presentarase no centro indicado en primeiro lugar de forma presencial ou na aplicación "admisión de alumnado".

Normativa de aplicación

  •  DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • Instruccións da Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

RESERVA DE PRAZA

O alumnado de 6º debe facer a reserva de praza, para o vindeiro curso, elexindo o instituto no que queira cursar 1º da ESO.

Do 1 ao 15 de febreiro debe entregar o ANEXO I (Reserva de praza). Poden facelo no Portal Educativo da Xunta de Galicia (edu.xunta) na lapela “admisión alumnado” ou recollelo en secretaría do centro.

Posteriormente deberá formalizar a matrícula do 25 de xuño ao 10 de xullo no Centro de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) no que resulte admitido.

                                                                                    

A Dirección

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Xa está dispoñible a listaxe de admitidos e excluídas nas axudas para a adquisición de libros (1º e 2º) e material escolar (toda primaria). Podedes recoller os vosos vales no centro os días 9, 10 e 11 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 horas ou a partires do 1 de setembro.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA SOLICITAR COMEDOR. ANPA

AVISO DA ANPA:

Informamos que xa se pode facer o ingreso como socios da ANPA para o curso 2018/2019.

Podedes descargar a solicitude de comedor e o impreso de autorización para a recollida nesta entrada web. Esta documentación tamén estará á vosa disposición na librería de Combarro ou podedes solicitarlla por correo electrónico á ANPA anpachancelas@gmail.com

Powered by Drupal - Design by artinet