Skip to Content

INSTRUCIÓNS COMEDOR 2020-2021

26/06/2020
Europe/Madrid

Publicada a INSTRUCIÓN 2/2019, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL, DO 16 DE XUÑO, SOBRE FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN DIRECTA NO CURSO ESCOLAR 2020-2021

 Para o  alumnado que solicite facer uso do comedor escolar deberedes descargar o documento de AUTODECLARACIÓN e entregalo no centro antes do 11 de setembro de 2020. 

Podedes consultar o documento de AXUDA para cubrilo de maneira correcta.

AMBOS DOCUMENTOS ESTÁN ADXUNTOS

AO FINAL DESTA PUBLICACIÓN

 Tede en conta que segundo establece o artigo 11 do citado Decreto 132/2013, serán usuarios gratuítos os seguintes:


-Os alumnos que cursen a ensinanza básica e o segundo ciclo de educación
infantil pertencentes a unidades familiares que se atopen en situación
socioeconómica de exclusión social certificada polos servizos sociais
autonómicos ou municipais correspondentes.


-Os alumnos que cursen a ensinanza básica e o segundo ciclo de educación
infantil que se atopen en situación de acollemento residencial ou familiar.


-Os alumnos que cursen a ensinanza básica e o segundo ciclo de educación
infantil cun grado de discapacidade declarado igual ou superior ao 33%.


-Os alumnos que cursen a ensinanza básica e o segundo ciclo de educación
infantil pertencentes a unidades familiares vítimas de terrorismo ou de
violencia de xénero acreditada documentalmente.

AdxuntoTamaño
Autodeclaración .pdf58.66 KB
Axuda unidade familiar e renda.pdf37.93 KB


story | by Dr. Radut