Skip to Content

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022/2023

ÁBRESE O PRAZO DE ADMISIÓN: DO 1 AO 21 DE MARZO

O alumnado que debe tramitar a admisión e solicitar un posto escolar neste proceso será:

  • Aqueles que acceden por primeira vez (alumnado que se incorpora a 4º de educación infantil)
  • Aqueles que cambian de etapa e non continúan os seus estudos no centro adscrito (alumnado de 6º curso que non continúe no IES Marqués de Sargadelos, no noso caso; ou que non fixera a reserva de praza para este IES)
  • Alumnado sen escolarizar para calquera dos cursos de educación infantil ou para 1º de primaria
  • Alumnado que desexe cambiar de centro educativo.

*O alumnado actualmente matriculado no centro ten asegurada a súa praza para o vindeiro curso, polo que NON requirirá un novo proceso de admisión.

A solicitude de admisión deberá ir acompañada da documentación indicada: DOCUMENTACIÓN ADMISIÓN.

Esta solicitude, así como a documentación, presentarase no centro no que solicite praza en primeiro lugar (cada alumno/a poderá presentar unha única solicitude, e nesa mesma solicitude poderanse elixir ata 6 centros, por orde de preferencia; a infracción por presentar varias solicitudes en distintos centros determinará a perda dos dereitos de prioridade que podan corresponderlle) ou por Sede Electrónica.

Para descargar o impreso e para máis información consulte a aplicación: ADMISIÓN ALUMNADO



page | by Dr. Radut