Ola amiguiños!
Xa estamos por aquí un curso máis. Que ganas tiña de que entrásedes todos na biblioteca para visitarme!! Este ano estamos cheos de novidades (libros, xogos, dvds,…) e apetéceme moitísimo que poidades gozar deles.
Ah, e escoitádeme ben! Este curso a biblio vai a estar chea de sons novos. Prestade atención e, cando entredes, a parte de deixar voar a imaxinación con todas as historias que se gardan aquí, acordádevos de vir coas orellas listas para escoitar todo o que poida pasar. Imos musicalizarnos!
Benvidos á biblioteca do Carrasqueira!
Carrás