Neste mes de marzo comezou a primavera que recibimos con moita ledicia. Observamos as árbores do patio que xa lle están saíndo moitas follas e flores, decoramos as clases e comezamos a facer algunas actividades sobre esta estación.
O Dia da Muller ( 8 de marzo) visitamos no colexio una exposición de libros de mulleres importantes ao longo da historia. Tamén lemos o conto de Malala e vimos a valentía desta nena para defender a educación das mulleres nunha terra onde algúns querían prohibila. Aínda que a feriron e intentaron silenciala non se rendeu. Volveu con máis forza para seguir loitando, sempre a través da educación, por unha sociedade máis xusta. Descubriu que cada lapis pode ser máxico se se usa de maneira correcta e pode contribuír a constriur un mundo en paz: “Unha nena, un profesor, un libro e un lapis poden cambiar o mundo”. Tamén debuxamos as nosas mamás por ser as mulleres máis importantes das nosas vidas.
Tivemos una saída ao Museo do Mar onde nos ensinaron moitos “Tesouros do mar”: distintos tipos de algas que puidemos tocar e ver as diferenzas. Tamén nos mostraron cunchas de moluscos e caparazóns de crustáceos, así coma a mandíbula dun tiburón que tiña uns dentes moi afiados….tocamos una esponxa natural! Visitamos o acuario onde vimos moitos peixes: rodaballos, sargos, raias… e ata un tiburón!. Explicáronnos cousas moi interesantes.
A semana do 14 ao 17 de Marzo fixemos poesías porque Carrás deixounos una carta invitándonos a participar nesta actividade . Pola mañá aparecían unhas palabras nun expositor que iamos ler e despois entre tod@s creamos unas fermosas poesías que metíamos unha urna. Para medir canta poesía se facía en todo o colexio tiñamos un tubo medidor onde íamos botando confeti (cada poesía, un vaso de confeti). Isto encantounos! Con todas as poesías fíxose una exposición na aula de psicomotricidade. Fomos visitala e ademais tamén realizamos una actividade moi divertida co confeti. Durante unha semana convertémonos en poetas para conmemorar o Día da Poesía
Gústanos moito facer figuras co xeoplano e o tangram. Ás veces, creamos as que nos queremos e outras veces utilizamos plantillas para copiar. Coas regretas facemos series, traballamos conceptos espaciais e tamén facemos os muros dos números, ademais de sumas e restas, series… ou creamos construccións que se nos ocorren.