COMEZANDO O SEGUNDO TRIMESTRE

A nosa volta ao colexio despois das vacacións foi especial, tíñamos moita ilusión por volver a estar xuntxs. Descubrimos que Babá e Flash xa regresaran ao Polo Norte e atopámonos cuns agasallos para as nosas aulas, encantounos todo!

Por outra banda, comezamos a realizar propostas relacionadas co inverno a medida que continuamos co proxecto do Monstro de cores iniciado no primeiro trimestre.

Os momentos de xogo libre están cheos de oportunidades de aprendizaxe. E é todo un privilexio poder ser observador e testemuña dalgún destes grandes descubrimentos. Nesta ocasión acababamos de incorporan unhas bandexas douradas de cartón ao recuncho da cociniña. Como estes días vai frío pero pega o sol, os nosxs pequenxs divertíronse moito ao descubrir que podían reflexar o sol por toda a clase. O resto de compañeixs decatáronse do xogo e todxs deixaron o que estaban facendo para observar tal marabilla.

“As aprendizaxes máis importantes da vida fanse xogando” Francesco Tonucci

Ademais, neste mes conmemoramos o Día Escolar da non Violencia e da Paz, bailando ao ritmo da canción “Apertas que voan” de Paco Nogueiras e desfrutando dos lemas que apareceron por todo o centro. Tamén recibimos unha invitación de Carrás para visitar a biblioteca e realizar unha lectura relacionada co proxecto anual no que está inmerso o centro durante este curso “Unha vida en igualdade”.