CON SORPRESAS E ILUSIÓN O TRIMESTRE COMEZOU

Empezamos  este novo ano e trimestre moi conten@s e con sorpresas, xa que na clase apareceron uns agasallos que nos encantaron. Con estes xogos fixemos estas construccións tan chulas!

E co novo trimestre comezamos con novas propostas.

Como xa estamos no inverno, estivemos vendo os cambios que se producen  nesta estación. Estamos traballando o vocabulario  e as prendas de vestir  que usamos para protexernos da chuvia e do frío. Cantamos a canción de “Botas de goma” e “Chove en Galiza" de Pablo Díaz e tamén” Como chove miudiño” de Uxía.

Desfrutamos moito decorando  a clase con paraugas nas ventás e con pingas de chuvia que colgamos a modo de móbil e na árbore da clase. E tamén coloreamos e recortamos una bonita paisaxe de inverno e osos hibernando.

Fixemos un boneco de neve utilizando a simetría. Antes de facelo no folio comprobamos no espello a simetría. Tamén realizamos actividades do inverno con  grafismos.

Conseguimos facer neve artificial utilizando bicarbonato e auga.  O tocala está fría e parece neve de verdade! Foi un experimento que  nos encantou. Agora está no recanto  de inverno para poder xogar e experimentar.

 

E un día tivemos outra sorpresa! Apareceron na clase uns vasos cunhas boliñas e unha nota que nos daba pistas sobre o que poderían ser.  Despois de pensar un pouco adiviñamos o que eran: CHÍCHAROS!!! Decidimos plantalos nun vaso con algodón e auga e colocamos os nosos vasos enriba dun moble para que lle derá a luz e ver que vai ocorrendo.

Ao día seguinte  na clase atopamos un conto: "Todos menos un” no que a través do crecemento dunha planta de chícharos nos conta a importancia de crer en nós mesmos e da aceptación da diversidade. Como o tema nos pareceu moi interesante e aos nen@s lles gustou moito, iniciamos un proxecto sobre este conto que iremos desenvolvendo ao longo do trimestre.

 

O día 28 de xaneiro celebramos  no cole o Día da Paz. Cantamos todo o cole no patio a canción Apertas que voan de Paco Nogueiras.

Durante a semana ademais de ensaiar a canción lemos contos sobre a paz, a igualdade e diversidade.Tamén fixemos un mural sobre a triatleta de Vigo: Susana Rodríguez Gacio. Aínda que é case cega acadou grandes logros na súa vida, grazas a súa constancia e esforzo.

En febreiro volvemos con máis propostas e novidades!