Durante este mes de decembro continuamos facendo actividades sobre o espazo pero ademáis como neste mes celebramos o Nadal, fixemos algunhas manualidades que nos encantaron, entre elas, desfrutamos moito facendo a tarxeta para agasallar aos nosos padriños e madriñas de lectura.
Tamén nos encantou decorar a estrela con purpurina de cores e decorar as aulas con moito amor.
Decoramos con grafismos unha bola, unha campá e un abeto usando rotuladores e tamén ceras.
Fixemos bonecos de neve e unha árbore de Nadal que pode balancearse! e por suposto bailamos, cantamos, rimos e festexamos a visita do apalpador!.
Esperamos e desexamos que desfrutedes moito do Nadal cos vosxs fillxs xa que é un momento que eles viven con moita ilusión.
En xaneiro volvemos con máis propostas.
BO NADAL!