Skip to Content

CIRCULAR INFORMATIVA DE FIN DE CURSO

Comunícase ás familias o que se indica a continuación:

Programa día 23 de xuño, final de curso:

o De 12.15-13.30h, entregarase o boletín de notas ao pai/nai/titor/a legal do alumno/a na aula correspondente. 

o De 13.30-14.30 horas, comida no patio para todo o alumnado. Ás 14.20 horas regreso ás aulas.

o De 12.15-13.30h, actuación da Compañía Tarabelos no ximnasio.

o Ás 14.30 horas, saída do alumnado non usuario do servizo de comedor.

o Ás 15.30 horas, saída do alumnado do servizo de comedor

Período de vacacións de Verán: do 26 de xuño ata o día 8 de setembro de 2017 (data pendente de confirmación), ambos inclusive.

Recollida da axuda (vales) de libros e material. O/a solicitante deberá recoller o(s) vale(s) presentando o DNI do/da solicitante.

o 5 de xullo de 2017

 1º e 2º: 09.30-10.30

 3º e 4º: 10.30-11.30

 5º e 6º: 12.00-13.00

Recollida dos libros de fondo

o Lista provisional de adxudicacións: 7 de xullo 2017

o Lista definitiva de adxudicacións: 14 de xullo 2017

o Recollida dos libros: setembro 2017 (publicarase a data de recollida no taboleiro e na web do centro ). 

 O Historial académico do alumnado de 6º de educación primaria será entregado o 28 de xuño en Secretaría.

A Revista escolar 2016/2017 publicarase na web ao logo da semana do 26. Imprimiranse algúns exemplares que estarán a disposición na biblioteca.


Pago de comedor xuño 2017: As familias que teñan que aboar as taxas de comedor do mes de xuño deberán recoller as mesmas na Secretaría do centro os días 26 e 27 de xuño, aboar as mesmas e entregar na Secretaría do centro o resgardo de abono antes do 5 de xullo.

Colaboradores/as comedor 2017/18.

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN  COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NASTAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2017/18.

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2017/18., colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto desde o día 22 de xuño de 2017 ata o 11 de setembro de 2017, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 21 de decembro de 2017. 

O  modelo de solicitude pode recollerse na Secretaría do centro ou descargalo no seguinte enlace

 

Toda a información correspondente á comunidade escolar está actualizada nos diferentes bloques da páxina web do centro

A dirección do centro



page | by Dr. Radut