Skip to Content

LETRAS GALEGAS 2024

EXCURSION A MANZANEDA

Os nenos de 6º fomos o mércores 16 de Marzo a Estación de Esquí de Manzaneda. A viaxe foi moi boa xa que case non nos mareamos... Desde que chegamos collemos o equipamento e subimos no telesilla. Algúns de nos tiñamos medo pero desde que chegamos arriba todos queriamos repetir. Cando chegamos á pista de iniciación repartimonos en tres grupos, cada un co seu monitor. Juan Carlos, Ana e Mónica, que así se chamaban, explicaron como era o material e como poñer e quitar os esquíes e a frear.

Posteriormente comezamos a esquiar e chegaron as primeiras caídas e os primeiros abandonos. Despois de descender a pista de iniciación esquiando volvemos a subir na  "percha".

Aproximadamente as dúas da tarde finalizou a sesión e retornamos no telesilla para deixar o material.

Por último, comemos os bocadillos e xogamos na neve. Algúns de nos compramos algúns recordos e retornamos para a casa moi cansados.

 



page | by Dr. Radut