AXUDAS MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR CONCELLO DE VIGO.

Enviado por admin o Mér, 22/05/2024 - 04:44

 

Benqueridas familias,

 

O Concello de Vigo publicou as bases das axudas de material escolar e comedor.

O Boletin Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) publica as bases da convocatoria de axudas para a compra de material escolar, libros de texto e comedor para o vindeiro curso 2024/2025. Estas bolsas, promovidas e financiadas polo Concello de Vigo, diríxense a familias con fillos e fillas matriculados ou con reserva de matrícula en centros públicos e privados-concertados, que cursen a segunda etapa de Educación Infantil, Educación Primaria ou a ESO e estén empadroados en Vigo.

 

A. Programa das axudas.

As axudas son de 2 tipos:

1. Axudas destinadas á adquisición de libros e material escolar para Educación Infantil (segunda etapa, de 3 a 5 años).

2. Axudas para comedores escolares, que se extende de setembro a xuño e consiste nunha cota mensual. Poderán percibir esta bolsa os alumnos/as matriculados na segunda etapa de Infantil, en Primaria e en Secundaria (ESO).

 

B. Publicidade e prazo de presentación.

A publicación destas Bases realizarase no BOP de Pontevedra, no taboleiro de anuncios e edictos, nos Centros de Servizos sociais municipais e na web do Concello de Vigo. Anunciaránse igualmente por eses medios a convocatoria e o prazo de presentación de solicitudes, que será de 20 días hábiles, contados dende o seguinte á publicación oficial daquela.

 

C. Requisitos para solicitar as bolsas.

O BOPPO recolle os seguintes requisitos que deben cumprir as familias que presenten a súa solicitude, unha vez abra o prazo, a través da sede electrónica do Concello.

A unidade familiar de convivencia debe estar empadroada no Concello de Vigo.

Convivir cos alumnos/as para os que se solicitan as axudas.

Con respecto á axuda de comedor, débese contar con praza no centro escolar de referencia para facerse efectiva.

Os alumnos/as solicitantes deben estar matriculados ou con reserva de matrícula en centros públicos ou concertados nos niveis mencionados (Infantil, Primaria e Secundaria).

Ter presentadas a solicitude e o resto de documentación nos prazos estipulados.

Os centros educativos para os que se solicita a axuda deben estar no termo municipal de Vigo.

A capacidade económica das familias non poderá exceder o subsidio básico da RISGA e, no caso de non existir datos dos ingresos da unidade familiar, computarase como mínimo familiar o equivalente a esa contía da RISGA.

 

Enlace: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2024/05/13/2024029724/an.bop.PONTEVEDRA.20240513.2024029724.pdf

( categories: )