Skip to Content

Secretaría

ADMISIÓN ALUMNADO 2023

O prazo para a presentación das solicitudes de admisión para o curso 2023-2024 é do:

1 ao 20 de marzo

Pódese facer a solicitude de dúas formas:

 - De maneira telemática a través da aplicación admisión alumnado, na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

- De maneira presencial no centro (de luns a venres de 9 a 14.30), entregando cuberto o anexo II que aparece a continuación:

https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/21176199

 Xunto cos impresos de solicitude débese aportar a seguinte documentación:

  •  Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/A
  • Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/o convenio regulador onde conste a custodia do/a menor, de ser o caso.

En caso de dúbida sempre poden contactar co centro a través de correo electrónico: ceip.camelle@edu.xunta.gal

 

A publicación da listaxe provisional de admitidos será ANTES DO 25 DE ABRIL DE 2023

A publicación da listaxe definitiva de admitidos será ANTES DO 15 DE MAIO DE 2023

 

ADMISIÓN ALUMNADO 2.023

O prazo para a presentación das solicitudes de admisión para o curso 2023-2024 é do:

1 ao 20 de marzo

Pódese facer a solicitude de dúas formas:

 - De maneira telemática a través da aplicación admisión alumnado, na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Aplicación Abalar móbil

 

Nesta situación tan extraordinaria que estamos vivindo as comunicacións adquiren unha gran importancia.

É por iso que temos que aproveitar todos os recursos á nosa disposición.

Xa son moitas as familias nas que as nais ou os pais tedes instalada a aplicación "Abalar-Móbil" nos vosos teléfonos móbiles, pero aínda non estades todas/os, por iso animámosvos a que o fagades para recibir as notificacións que desde o centro poidamos precisar facervos chegar.  

Na web da Consellería de Educación hai instruccións de como facelo.

Deixámosvos aquí os enlaces. Se tedes algunha dificultade no proceso de instalación podedes contactar no centro.

Mestra responsable

Saúdos.

Información xeral sobre a aplicación:  https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/nova/abalarmobil  

Manual de instalación: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/guia-mobil-familias-galego.pdf

Protocolo de adaptación Covid ao curso 2.020-2.021

Podedes consultar o protocolo covid do noso centro no arquivo adxunto.

Distribuir contido


by Dr. Radut