OBRADOIRO DE TEATRO LIDO

A semana pasada, os nenos e nenas de 4º e 5º participaron nun Obradoiro de Teatro Lido sobre técnicas de mellora da lectura e teatralización impartido por Charo Pita.

  

Nel coñeceron mellor o seu aparato fonador, aprenderon e practicaron técnicas de quecemento da voz, técnicas de axuda á lectura, de  entoación,…

  

Pero tamén xogaron coas palabras e con diversos textos escritos.

 

 

Desde Bibliobencho agradecémosle a Charo o seu bo facer á hora de transmitir os seus coñecementos e facer que todos pasásemos una mañá tan interesante e amena.