Skip to Content

Marchamos... Xa non estamos por aquí.

Vémonos en www.ceipdebarouta.gal

Ver en ventá diferente de CEIP de Barouta

ENTROIDO 2020

XORNADA DE PORTAS ABERTAS | NOVA MATRÍCULA 2020/2021

IV CARREIRA SOLIDARIA "Móvome pola Paz"

IV CARREIRA SOLIDARIA "MÓVOME POLA PAZ"

 
O CEIP de Barouta organiza por carto ano a Carreira Solidaria "Móvome pola Paz" coa que espera reeditar o éxito das pasadas edicións e doar ao Banco Municipal de Alimentos do Concello de Ames máis de media tonelada de alimentos e produtos de hixiene e limpeza. No día 30 de xaneiro, Día da Paz, o CEIP de Barouta convida á súa comunida. Desde a terceira edición súmanse a Escola de Educación Infantil de Covas e os 6º cursos de Ed. Primaria do CEIP Agro do Muíño e do CEIP a Maía, tamén na oportunidade de encontro e convivio do alumnado que para o ano se atopará no IES de Ames (Bertamiráns)
 
Moi agradecidos/as todas as entidades colaboradoras que apradriñan este evento
 
 
Nas seguintes ligazóns pódense ver dous vídeos da edición pasada
Alumando, profesorado e familias, levan días organizando este evento, para que todo estea preparado o día 30 de xaneiro nesta carreira solidaria non competitiva.Esta semana o alumnado de Barouta estivo preparando as medallas conmemorativas que todas as participantes levarán xunto cun saquiño, especialmente feito para o día, con produtos varios doados polos seus patrocinadores. O propio centro destaca e agradece a alta participación da ANPA do colexio e de todas as súas familias na organización e implicación nesta xornada solidaria

 

ADSCRICIÓN ALUMNADO DE 6º EP AO IES DE AMES

ADSCRICIÓN ALUMNADO | 6º EP

IES de Ames | Ata o 17 de febreiro de 2020

 

Desde o día 1 de febreiro e ata o 17 do mesmo mes, está aberto o prazo para que o alumnado de 6º EP reserve praza no centro adscrito, o IES de Ames. Para isto debedes traer cuberto ao colexio o modelo ED550A que vos achegamos con este escrito (AQUÍ). Tamén o podedes recoller impreso na secretaría do Centro. 

Esta mensaxe é só para o alumnado de 6º EP que se matricule no IES de Ames e que se queira acoller ao dereito de preferencia por centro adscrito. Se queredes solicitar outro instituto, debédelo facer no prazo ordinario de matricula, do 1 ao 20 de marzo co modelo ED550B.

O alumnado que entregue esta solicitude para enviar ao centro adscrito non ten que facer nada máis no período ordinario de solicitude de admisión de marzo, só formalizar a matrícula no IES no mes de xuño.

ALMANAQUES 2019/2020

Almanaque 2019/2020
30 Aniversario
A partir de mañá poñeremos á venda os Almanaques 2019/2020 de conmemoración do #30Aniversario do CEIP de Barouta. O prezo é de 10€

25N | Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres

 
#25N | Día internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres
A coeducación é un dos piares nos que se asenta o proxecto educativo de Barouta, por iso para nós, como colectivo, como comunidade, é moi importante que sexa traballando de maneira constante e que trascenda o ámbito escolar.
Este ano contamos durante todo o mes de novembo co programa "As Máscaras do Machismo", un proxecto que naceu grazas ao Grupo Comunitario de Igualdade e Xénero e á ANPA do colexio. Grazas a este traballo o alumnado tivo ocasión de investigar, pensar, actuar, e agora querémosvos convidar a exposición guiada deste proxecto que terá lugar o luns día 25 de novembro ás 12h30. Querémosvos contar o que fixemos, e como o fixemos, e que teñades oportunidade de ver o proxecto de traballo deste mes. 
Previamente, ás 10h30, conmemoraremos este día co alumnado do centro no que, entre outros elementos, nos sumamos á campaña de #EnNegro. Agradecemos que, como vén sendo xa costume en Barouta nos últimos tres anos, o alumnado veña vestido de negro.
Agardamos contar con vós!
 
 
 

MAGOSTO | Pavillón do CEIP de Barouta | 22NOV2019 - 16h30

 

 

FESTA DO OUTONO (Magosto e Samaín) 2019

ASEMBLEA DE CENTRO

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR | Lista DEFINITIVA

En anexos pódese ver a lista DEFINITIVA de solicitudes admitidas e non admitidas para a convocatoria da Consellería de Axudas para Material Escolar e Libros de Texto 2019/2020.

 

ACLARACIÓNS IMPORTANTES

  • Non se recomenda comprar material escolar ata setembro, momento no que se formalizará a adscrición do profesorado (a asignación de mestra/e a cada titoría que se fará no primeiro claustro do curso 2019/2020)
  • Esta convocatoria é só para alumnado de Ed. Primaria. Avisaremos cando saia a convocatoria de axudas para material escolar de E. Infantil (previsiblemente outubro 2019)
  • 1º, 2º 3º de Ed. Primaria non usarán libros de texto do Fondo Libros, por iso a aplicación non lle asigna número de libros, e figuran nas listaxes anexas a esta publicación como "non solicita". De precisarse material funxible, serán as mestras asignadas en setembro as que o soliciten ás familias.
  • Os libros de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria serán entregados ao alumnado polas titoras/es de cada aula en setembro
  • Recoméndase recoller os vales para material escolar en setembro, no inicio do curso 2019/2020, cando as titoras/es entreguen ao alumnado a lista de necesidades. Se se perde ou estropea o cheque/vale, non se pode xerar outro novo.
Distribuir contido


by Dr. Radut