Skip to Content

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (ata o 23 de xuño)

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Desde o 23 de maio ao 23 de xuño

Educación Primaria | Curso 2017/2018

Onte, día 22 de maio de 2017, foi publicado no DOG a ORDE do 16 de maio de 2017 pola que se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado que no curso 2017/2018 estea matriculado en Educación Primaria 

O prazo de presentación destas solicitudes é desde hoxe, día 23 de maio ata o 23 de xuño, entregando o modelo ED330B (que podedes recoller no propio centro educativo, no anexo a esta publicación ou no seguinte link: https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/14234) e quedando cunha copia con rexistro de entrada.

HORARIO DE ENTREGA DE SOLICITUDES

De luns a venres de 09h00-09h55 e de 13h15-14h00

 

APUNTAMENTOS

  • Presentación ata o 23 de xuño
  • O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP solicita para o “Fondo Libros” (e recibirá en setembro os libros na escola)
  • O alumnado de 1º e 2º de EP solicita para “Axudas Libros” (e recibirá un vale de entre 90€-170€ en función da renda, para comprar os libros onde desexen)
  • A maiores establécese un vale de 50 euros para a compra de material escolar, destinado a familias cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €

 

 

AdxuntoTamaño
Modelo Solicitude ED330B.pdf2.19 MB
DOG Axudas Libros e Material.pdf1.27 MB


page | by Dr. Radut