Skip to Content

ADMISIÓN ALUMNADO | Xornada Virtual de Portas Fechadas

 
INSTRUCIÓNS PARA CONECTAR
 
Este ano decidimos que non haberá xornada de portas abertas para as novas familias. É unha decisión complicada, que non nos gusta tomar e por iso vos queremos explicar os motivos.
Se o alumnado e as familias actuais do Centro no poden ter unha relación normal e sen restricións coa escola, non nos parece coherente nin respectuoso organizar xornadas de portas abertas para novas familias.
Ao contrario do que acontece fóra dos recintos escolares, nestes momentos o alumnado dos Centros Educativos segue tendo que estar no tempo de patio separado por niveis (con uso de máscara no exterior), sen poder compartir espazos, nin tampouco compartir obradoiros internivel, as familias só poden acceder ao recinto con causa xustificada, a recomendación segue a ser que as titorías sexan por videoconferencia ou chamada e non poden asistir a eventos como o Festival de Entroido, por citar algúns dos moitos exemplos do que é un día a día nunha escola.
Por tal motivo, ata que se actualicen os protocolos COVID19 e os Centros de Ensino teñan unha situación normalizada e acompasada ao resto da sociedade, non haberá xornada de portas abertas presencial, faremos unha presentación virtual o martes día 8 de marzo ás 17h30.
Recomendámovos botarlle unha ollada ao Proxecto Educativo do Centro e a toda a documentación propia que podedes atopar na web: http://www.edu.xunta.gal/cen.../ceipbarouta/taxonomy/term/71
Encontrámonos virtualmente o martes para tentar resolver todas as dúbidas
 


page | by Dr. Radut